Instrucións de traballo e forma de contacto durante a suspensión das clases pola epidemia do COVID-19

Seguindo as instrucións da Consellería tras a anunciada ampliación do confinamento ata o mes de abril, informamos:

1. Recoméndase a instalación da aplicación Abalar Móbil para recibir mensaxes informativas por parte do centro directamente no smartphone dos responsables do alumnado (máis información aquí).

2. O traballo do alumnado guiarase polas instruccións directas do profesorado a través das aulas virtuais, correos electrónicos..., e o enlace de tarefas que podes ver arriba á dereita.

3. O centro permanecerá pechado á atención directa ao público tendo en conta o estado de alarma e a paralización dos prazos administrativos, pero atenderemos dúbidas e urxencias no correo do instituto (ies.garcia.barros@edu.xunta.es) e no teléfono (986590104), sempre dentro do horario oficial establecido polas autoridades educativas en este período excepcional, entre 10 e 13 horas nos días lectivos.

4. Podedes contactar co departamento de Orientación no seguinte correo: pilmeijome@edu.xunta.gal

Seguiremos informando.

O equipo directivo.