Charla ABAU 2018
Enviado por Vicedirec. o 3 Abril, 2018 - 10:58
O VENRES 6 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 12:45 horas en Usos Múltiples (duración: 5ª e 6ª horas), sobre “ABAU 2018: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.
CONTIDOS da CHARLA
- NORMATIVA e ORGANIZACIÓN da ABAU
- Estructura da proba: Parte Obrigatoria e Parte Voluntaria.
- Cálculo da nota de acceso: exemplos prácticos.
- Importancia dos PARÁMETROS de PONDERACIÓN das MATERIAS TRONCAIS de OPCIÓN e de MODALIDADE para o acceso as Titulacións Universitarias con límite de prazas: ¿De qué materias de me examino?
- Notas de Corte.
- Titulacións Universitarias de Grao no Sistema Universitario Galego.
- Procedementos de revisión: Reclamación e Segunda Corrección.
- Trámites administrativos da formalización da matrícula.
- ASPECTOS PRÁCTICOS
- Calendario.
- Códigos das materias.
- O primeiro día:
- Entrada na Aula.
- Intervención do Presidente do Tribunal.
- Caderno para realizar os exames.
- A cabeceira.
- A pegatina: Identificación do exame.
- O material que hay que levar.
- A Facultade para realizar a ABAU.
O Proceso de Admisión (preinscripción) e o Proceso de Matrícula na Universidade despois da ABAU.