Solicitudes de admisión curso 2018/2019

Finalizado o prazo de entrega de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2018/2019 e logo de determinar que en 1º de Bacharelato a demanda de prazas é superior a oferta, ábrese un prazo  do 23 de marzo ao 6 de abril para que as familias deste alumnado poidan entregar a documentación (se xa a presentaron non teñen que facelo), para a valoración dos criterios de baremo e a obtención da puntuación correspondente.

O listado provisional de admitidos e non admitidos publicarase, unha vez determinada  a puntuación resultante despois de aplicar os criterios de baremo,  ao mais tardar o día 25 de abril.