Novos triunfos deportivos das nosas alumnas

DSC_0006.JPG

As nosas alumnas de 3º e 4º da ESO veñen de participar co Club Acuático Umia no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo disputado en Torrevieja. Marta Troitiño Cora gañou o bronce en 100 metros de remolque de maniquí con aletas e Ainoa Carracedo Flores a mesma clasificación en relevo de corda. Máis información nesta ligazón.

Por outra parte Antía Sanmartín Constenla de 3º ESO A foi medalla de ouro na categoría xuvenil da Copa de Galicia de Ximnasia Acrobática disputada en Marín.

Moitas felicidades a todas!