Versos e Bolboretas

IMG_4271.jpg

Temos xa nosa MeGaBiblioteca un exemplar asinado e dedicado de "Versos e Bolboretas", a segunda obra da Mónica Varela, profesora do Centro.

--Dirixida ao público infantil Versos e Bolboretas (Edicións Fervenza, 2017) é unha obra sinxela de sentimentos e emocións. Sentimentos gardados na caixiña do peito que afloran no poema e xogan coas palabras. Feitos cotiáns como os xogos dos nenos, as súas primeiras palabras, un beixo, un sorriso, o son dun nome, enchen os poemas e presentan a poesía como un xogo. Pero un xogo serio e fermoso que afonda na sensibilidade e na descuberta dos tesouros ao alcance da nosa man no día a día; que converte as experiencias habituais en momentos inesquecibles e únicos.--