Fin de curso: entrega de notas e revisión de exames

A Consellería vén de publicar as instrucións para revisión e reclamación de notas finais de ESO e 1º de Bacharelato:

  • Entrega de notas: Xoves 29, ás 9:30 nas respectivas aulas
  • Revisión de notas cos profesores da materia: Xoves 29 entre 9:45 e 12:00
  • Reclamación aos Departamentos: Xoves 29 de 10 a 13 horas, e venres 30 de 10 a 12:00 *
  • Resolución ás reclamacións presentadas ante os Departamentos: Venres 30, ás 13 horas, en Secretaría*

Consultar Lexislación e instrucións.

* As reclamacións aos Departamentos serán presentadas e recollidas en Secretaría polos pais ou titores no caso de alumnos menores de idade.