Presentación de solicitudes de admisión para o curso 2019-2020

O alumnado  doutros centros que queira cursar estudos no noso para o vindeiro curso 2019-20 (agás os que veñen do CEIP Pérez Viondi que xa teñen a praza reservada por ser o noso centro de adscrición) terán que facer a solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo de 2019 (ambos inclusive).

A solicitude de admisión de alumnado realizarase mediante o modelo anexo II da Orde de 25 de xaneiro de 2017, pódese cumprimentar na aplicación admisionalumnado  ou  recoller copia no centro educativo.

Deberáse entregar na Secretaría do centro  o anexo II cuberto e asinado, xunto cunha fotocopia do DNI do/a alumno/a dentro do prazo establecido. Tamén se pode entregar  a través da sede electrónica da Xunta  ou en calquera rexistro público.

Máis información sobre o procedemento nesta ligazón