Revista PREBE#4, xa dispoñible online

O número 4 da publicación gráfica PREBE xa está na rede, colgado no servidor de publicacións ISSUU. Como nos anteriores números, a revista mostra traballos de alumnos de Bac. de Artes (aínda que tamén hai cousas de outros cursos), coa idea de poñer en valor o talento e a creatividade dos nosos alumnos e exalumnos, e poñer tamén en contacto este talento e forza creativa con empresas e institucións da zona que poidan precisalo.

Aquí a tedes, en versión dixital, en cores, e pronto haberá tamén polo centro exemplares impresos, con interior en grises...

Que a disfrutedes!!!