OSA, Obradoiro de Sostibilidade Ambiental do MGB

osa@iesgarciabarros.org. Este será o enderezo electrónico de OSA, Obradoiro de Sostibilidade Ambiental do MGB, dende o que se pretende impulsar iniciativas para facer o MGB un centro máis sostible. Todas as accións estarán vinculas a Axenda 21 Escolar de Galicia, rede de centros coordinada pola Consellería de Medio Ambiente á que pertence o noso instituto dende hai uns meses.

Para o presente curso planteámosnos os seguintes retos:

  • Reducir o consumo enerxético do instituto. Para isto comezaremos cun estudo do consumo. Algúns alumnos de 1º de Bacharelato percorrerán as aulas do centro durante os recreos para medir o consumo dos diferentes dispositivos eléctricos e estimar o gastos evitables ou reducibles.
  • Implantación da recollida selectiva de residuos no centro, comezando polo papel e cartón. O alumnado de 3º ESO - PDC serán os responsables desta iniciativa, para o que xa están deseñando a estratexia a levar a cabo, na que inclúen a elaboración eco-papelerias e a supervisión e seguemento do seu uso. En breve, teredes máis información do seu desenvolvemento.
  • Para coñecer a situación de sostibilidade de partida, o alumnado de 4º ESO - PDC está elaborando unhas enquisas que serán enviadas nos próximos días a todos os enderezos electrónicos mgb e a partir das cales analizar os hábitos de consumo enerxético e xestión de residuos na Estrada.

Paralelamente a estas iniciativas tedes á vosa disposición:

  • A web osa.iesgarciabarros.org, na que podedes atopar información sobre as diferentes actuacións e recursos multimedia (xogos, animacións, documentais, películas, publicacións, ...) relacionados coa sostibilidade para que poidades empregar nas horas de titoría, proxecto interdisciplinar ou cando o consideredes oportuno.
  • Un espazo no servidor de intranet do centro con recursos multimedia aos que acceder dende calquera ordenador do centro.
  • Un taboleiro informativo na entrada do centro (ó lado do de información TIC) con novas sobre o Obradoiro de Sostibilidade Ambiental.
  • Este enderezo electrónico: osa@iesgarciabarros.org, ó que podedes enviar suxestións ou propostas para incluír na web e dende a que vos enviaremos puntualmente información sobre as accións emprendidas.

Só nos falta pedirvos colaboración para que, entre todos, o MGB sexa un centro educativo sostible e respectuoso co medio ambiente.

logo_osa.jpg