Bádminton. GP Tordesillas sub15-sub19.

5543343473_cca9294fae.jpg

No GP de Tordesillas sub15-sub19 disputado este fin de semana en Tordesillas, Valladolid, Andrea Gutiérrez e J. Manuel Padín perderon na final de dobres mixtos en dous sets moi axustados contra os navarros Nelly Iriberri e Íñigo Urramoi, favoritos para o campionato
Ángela Soto e Andrea Gutiérrez perderon na semifinal de dobres femininos nun partido axustado a tres sets contra Asturias,  que integraba no seu equipo a unha xaponesa e unha cántabra, Zhao Min e Lorena Uslé.
Os gañadores do campionato na modalidade dobres masculinos foron J. Manuel Padín e Diego Otero en tres sets moi axustados, contra Enrique Fernández e Carlos Fraile da provincia de Valladolid.
Ángela Soto perdeu a semifinal do individual feminino contra a vasca Raquel Hoskin en tres sets axustados
Por Último Juan Amaro perdeu na final co alicantino Marco Peñalver por outros tres sets moi axustados.
O alumno do IES Antón Losada Xoel Liñares alcanzou o triunfo na final de dobres mixtos pero da categoría inferior sub15, mentres que todas as anteriores foron na sub19.