C.S. Automatización e Robótica Industrial

FPCSE.- Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial.

    

Título:

Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial.   

Competencia xeral:

A competencia xeral do título de técnico superior en automatización e robótica industrial consiste en desenvolver e xestionar proxectos de montaxe e mantemento de instalacións automáticas de medida, regulación e control de procesos en sistemas industriais, así como supervisar ou executar a montaxe, o mantemento e a posta en marcha deses sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade e respecto polo ambiente e o deseño universal. 

Ocupacións e postos de traballo máis relevantes:

1. As persoas que obteñan o título de técnico superior en automatización e robótica industrial han exercer a súa actividade profesional en empresas públicas e privadas relacionadas cos sistemas automáticos industriais, nas áreas de deseño, montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.

2. As ocupacións e os postos de traballo más salientables son os seguintes: 

  • Xefe/a de equipo de supervisión de montaxe de sistemas de automatización industrial.
  • Xefe/a de equipo de supervisión de mantemento de sistemas de automatización industrial.
  • Verificador/ora de aparellos, cadros e equipamentos eléctricos.
  • Xefe/a de equipo en taller electromecánico.
  • Técnico/a en organización de mantemento de sistemas de automatización industrial.
  • Técnico/a de posta en marcha de sistemas de automatización industrial.
  • Proxectista de sistemas de control de sistemas de automatización industrial.
  • Proxectista de sistemas de medida e regulación de sistemas de automatización industrial.
  • Proxectista de redes de comunicación de sistemas de automatización industrial.
  • Programador/ora controlador/ora de robots industriais.
  • Técnico/a en deseño de sistemas de control eléctrico.
  • Deseñador/ora de circuítos e sistemas integrados en automatización industrial.

Duración:

2000 horas (dous cursos académicos)

Acceso directo:

Posuir algún dos seguintes títulos: Título de bacharalato Loxse, ter superado o 2º ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias, ter superado o COU ou Preuniversitario, Titulo de Técnico Especialista, Técnico Superior ou equivalente a efectos académicos, estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.

Acceso mediante proba:

Poden presentarse á proba as persoas que non reunindo requisitos de titulación académica, teñan cumpridos os 19 anos ou os cumpran no ano de realización da mesma. No caso de posuir o título de Técnico (Ciclo Medio), para acceder á mesma familia profesional o requisito é de 18 anos.  (Reservánse o 20% das prazas).

Acceso a Estudios Universitarios:

1. O título de técnico superior en automatización e robótica industrial permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de admisión que se establezan.

2. O título de técnico superior en automatización e robótica industrial permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes ós títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.

3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre o título de técnico superior en automatización e robótica industrial e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de automatización e robótica industrial. 

Módulos e distribución horaria: 

Módulos

Horas

 

1º curso

PREME 

EN CADA

MÓDULO 

PARA VER

MÁIS 

 MP0959. Sistemas eléctricos, pneumáticos e hidráulicos 160
 MP0960. Sistemas secuenciais programables 160
 MP0961. Sistemas de medida e regulación 133
 MP0962. Sistemas de potencia 186
 MP0963. Documentación técnica 107
 MP0964. Informática industrial 107
 MP0970. Formación e orientación laboral 107
 2º curso 
 MP0965. Sistemas programables avanzados 123
 MP0966. Robótica industrial 87
 MP0967. Comunicacións industriais 192
 MP0968. Integración de sistemas de automatización industrial              175
 MP0971. Empresa e iniciativa emprendedora  53
 Prácticas e Proxecto
 MP0969. Proxecto de automatización e robótica industrial 26
 MP0972. Formación en centros de traballo 384

 

Máis información:

                 http://www.edu.xunta.es/fp/curriculosfp.htm

Distribuir contido