C.M. Instalacións Electricas e Automáticas

FPCME.- Técnico en Instalacións Eléctricas e Automáticas

Título:

Técnico en Instalacións Eléctricas e Automáticas 


Competencia xeral:

A competencia xeral deste título consiste en montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio

Ocupacións e postos de traballo máis relevantes:

1. Esta figura profesional exerce a súa actividade en pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Instalador /ora mantedor/ora Electricista
  • Electricista de construción.
  • Electricista industrial.
  • Electricista de mantemento.
  • Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos.
  • Instalador/ora mantedor/ora de antenas.
  • Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas.
  • Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía.
  • Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica

Duración:

2000 horas (dous cursos académicos)

 

 Acceso a outros estudos:

1. O título de técnico en instalacións eléctricas automáticas permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio, nas condicións de acceso que se establezan.

2. Este título permitirá acceder mediante proba, con dezaoito anos cumpridos, e sen prexuízo da correspondente exención, a todos os ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional e a outros ciclos formativos nos que coincida a modalidade de bacharelato que facilite a conexión cos ciclos solicitados.

3. Este título permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato, de acordo co disposto no artigo 44.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 16.3 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro. 

Módulos e distribución horaria: 

Módulos

Horas

 

1º curso

 

 PREME 

EN CADA

MÓDULO 

PARA VER

MÁIS

      

 MP0232. Automatismos industriais 213
 MP0233. Electrónica 107
 MP0234. Electrotecnia 213
 MP0235. Instalacións eléctricas interiores 320
 MP0241. Formación e orientación laboral 107
 2º curso 
 MP0236. Instalacións de distribución 155
 MP0237. Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios 123
 MP0238. Instalacións domóticas 123
 MP0239. Instalacións solares fotovoltaicas  53
 MP0240. Máquinas eléctricas  123
 MP0242. Empresa e Iniciativa emprendedora  53
 Prácticas
 MP0243. Formación en centros de traballo 410

 

Máis información:

                           http://www.edu.xunta.es/fp/curriculosfp.htm

                              

Distribuir contido