Profesional Básico en Electricidad e Electrónica

FPCBE.- Titulo de Profesional Básico en Electricidad e Eléctronica

Título: 


            Profesional Básico en Electricidad e Electrónica

Competencia xeral:

A competencia xeral do título profesional básico en Electricidade e Electrónica consiste en realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos eléctricos e electrónicos, así como en instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións para edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requiridas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. 

Ocupacións e postos de traballo máis relevantes:

Estas persoas exercen a súa actividade por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións.As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión.
  • Axudante/a de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélites.
  • Axudante/a de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos.
  • Axudante/a de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación.  
  • Axudante/a de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas.
  • Peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica.
  • Axudante/a de montador/ora de sistemas microinformáticos.
  • Operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.
  • Auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.
  • Probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos.
  • Montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso.

Duración:

2000 horas (dous cursos académicos)

 

 

Módulos e distribución horaria: 

Módulos Horas  
 1º curso

PREME

EN CADA

MÓDULO 

PARA VER

MÁIS

 MP3009. Ciencias aplicadas I 175
 MP3011. Comunicación e sociedade I 206
 MP3013. Instalacións eléctricas e domóticas 296
 MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.  233
2º curso
 MP3012. Comunicación e sociedade II. 135
 MP3014. Instalacións de telecomunicacións. 205
 MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos. 206
 MP3019. Ciencias aplicadas II. 162
Prácticas
 MP3018. Formación en centros de traballo.   320

 

Máis información:  

http://www.edu.xunta.es/fp/curriculosfp.htm

                              

Distribuir contido