CICLO MEDIO XESTIÓN ADMINISTRATIVA.

 

   

Técnico en  Xestión Administrativa                                                               

 

Competencia xeral:

 

Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

 

Ocupacións e postos de traballo máis relevantes:

En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son:

  • Auxiliar administrativo/a,
  • Axudante de oficina,
  • Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos,
  • Administrativo/a comercial,
  • Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal,
  • Auxiliar administrativo/a das administracións públicas,
  • Recepcionista,
  • Empregado/a de atención á clientela,
  • Empregado/a de tesouraría 

  

 

 Duración:

2000 horas (dous cursos académicos)

 

  Acceso a outros estudos:

  1. O título de técnico en xestión administrativa permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio e superior.
  2.  Este título permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato.

 

 

 Módulos e distribución horaria: 

 

CURSO

MÓDULO

SESIÓNS SEMANAIS

HORAS. ANUAIS

MP0156 Inglés

6

160

  MP0438 Operacións administrativas de compravenda

5

133

  MP0440 Tratamento informático da información

10

267

  MP0441 Técnica contable

5

133

  MP0448 Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

6

160

  MP0449 Formación e orientación laboral

4

107

  MP0437 Comunicación empresarial e atención á  clientela

7

123

  MP0439 Empresa e administración

7

123

  MP0442 Operacións administrativas de recursos humanos

7

123

  MP0443 Tratamento da documentación contable

6

105

  MP0446 Empresa na aula

9

156

  MP0451 Formación en centros de traballo

 

410

 
   
   
   
   
AdxuntoTamaño
00voltar.jpg2.52 KB
20160411_121731.jpg35.67 KB