Skip to Content

Tecnoloxía.



 

 

4º ESO. TECNOLOXÍAS

Indice de contidos:

Unidade 1. Electrónica

Unidade 2. Electrónica dixital

Unidade 3. Tecnoloxía da comunicación

Unidade 4. Control e robótica

Unidade 5. Control por ordenador

Unidade 6. Pneumática e hidráulica

Unidade 7. Instalacións

Unidade 8. Historia da tecnoloxía


 



 

Materiais e recursos didácticos: 

 



 

Avaliación e cualificación

A cualificación do alumnado será continuada ó longo do curso, xa que o proceso de ensino - aprendizaxe en tecnoloxía é o bastante interactivo como para que nos poidamos dar unha idea precisa de cada alumno e alumna así como de cada grupo. Avaliaranse e valoraranse os tres tipos de contidos, actitudinais, conceptuais e procedimentais.

► No relativo a o cómo e cándo avaliar, as ferramentas a utilizar son:

a) Observación na clase: Comportamento, participación, actitude e traballo persoal.

b) Caderno e documentos elaborados polos alumnos e alumnas: A través destes elementos pódese avaliar directamente unha serie de datos importantes, como a expresión gráfica e escrita, a orde, a limpeza, a capacidade para elaborar documentos técnicos sinxelos, o uso das distintas fontes de información, etc.

c) Probas e exercicios escritos: As aprendizaxes que se pretenden facer pódense afianzar mediante a realización de exercicios escritos, probas orais, manexo do ordenador e comprobación do uso correcto dos instrumentos de medida.

d) Proxectos técnicos e traballo de aula-taller: Respecto polas normas de seguridade, comportamento e convivencia, traballo persoal e de grupo, actitude e interese.

► No relativo á cuantificación de cada un dos aspectos da programación na avaliación o criterio a seguir será:
a) Probas escritas, cadernos e documentos relativos ós contidos teóricos da programación: 40%

b) Probas escritas e traballo de aula relacionados cos contidos de informática: 30%

c) Proxectos técnicos e traballo de aula-taller: 30%

 

Cabe destacar que a nota media da asignatura non será nunca superior a 4 si a cualificación nalgún destes apartados non chegara a 3. 

 



Mínimos esixibles: 
  • Explicar o funcionamento dun circuíto electrónico e distinguir os seus compoñentes.
  • Coñecer o transistor e o seu funcionamento.
  • Montar circuítos con motores, condensadores, relés, transistores e díodos.
  • Describir o funcionamento de circuítos electrónicos nos que se introducen portas lóxicas.
  • Elaborar táboas de verdade identificando sensores con variables booleanas e actuadores con funcións.
  • Explicar a importancia dos drivers ou buffers nun circuíto.
  • Explicar o proceso de fabricación de circuítos integrados.
  • Explicar a evolución dos circuítos integrados e a súa influencia en todos os ámbitos da sociedade.
  • Deseñar circuítos con portas lóxicas que cumpran unha determinada función.
  • Describir esquematicamente os sistemas de telefonía con fíos, radio e televisión e explicar o seu funcionamento.
  • Explicar como se transmite a información nos sistemas de comunicación sen fíos.
  • Explicar como se leva a cabo a comunicación vía radio, televisión e teléfono.
  • Destacar as vantaxes e os inconvenientes dos distintos medios de comunicación actuais.
  • Explicar o funcionamento dun sistema de control de lazo pechado.
  • Elaborar esquemas que mostren o funcionamento dun sistema de control automático, explicando ademais a súa función.
  • Explicar o funcionamento básico dos elementos que compoñen a electrónica dun robot.
  • Coñecer as técnicas básicas empregadas na construción de robots non-programables.
  • Deseñar e construír un robot sinxelo dotado de varios sensores.
  • Modificar o deseño dun robot co obxectivo de cambiar a súa resposta fronte a determinados estímulos.
  • Distinguir os principais elementos de entrada e saída dun sistema de control.
  • Describir as características dunha controladora e prestarlles especial atención ás súas saídas e entradas, tanto analóxicas coma dixitais.
  • Utilizar a controladora para examinar o funcionamento dun sistema a través do ordenador.
  • Elaborar procedementos sinxelos de control cunha linguaxe de programación de alto nivel.
  • Elaborar diagramas de fluxo.
  • Elaborar programas que controlen as entradas e saídas dunha controladora.
  • Manexar sinxelos circuítos electrónicos a partir dun ordenador e unha controladora.
  • Explicar a función de cada un dos elementos que constitúen un circuíto pneumático e de un circuíto hidráulico.
  • Elaborar e interpretar circuítos pneumáticos e hidráulicos mediante a simboloxía adecuada.
  • Utilizar software de simulación de pneumática e hidráulica para elaborar sinxelos circuítos con compresores, cilindros, válvulas etc.
  • Describir as funcións dos principais elementos das instalacións de auga, gas, electricidade, calefacción e comunicacións.
  • Coñecer as regras de conservación enerxética calorífica nun fogar.
  • Enumerar as vantaxes da arquitectura bioclimática.
  • Relacionar a evolución da tecnoloxía coa historia da humanidade.
  • Identificar os principais avances técnicos ocorridos ao longo da historia.
  • Explicar cales foron as consecuencias sociais e económicas derivadas da aparición dalgúns inventos clave: a máquina de vapor, o ordenador persoal, o automóbil ou Internet, por exemplo.
  • Explicar cales son os problemas ambientais derivados da actividade tecnolóxica. Clasificalos tendo en conta:
    • Problemas globais do planeta.
    • Problemas nacionais.
    • Problemas locais.

 


 


 

 



book | by Dr. Radut