Skip to Content

Tecnoloxía Industrial II.

 


 

2ºBACHARELATO.TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II

Indice de contidos:

UNIDADE 1.- ESTRUTURA DOS MATERIAIS: PROPIEDADES E ENSAIOS DE MEDIDA
UNIDADE 2 .-DIAGRAMAS DE EQUILIBRIO EN MATERIAIS METÁLICOS. ALIAXES
UNIDADE 3.- METAIS NON FÉRREOS, POLÍMEROS E CERÁMICAS. CICLO DE UTILIZACIÓN DOS MATERIAIS
UNIDADE 4.- TRATAMENTOS TÉRMICOS E SUPERFICIAIS. O FENÓMENO DA CORROSIÓN
UNIDADE 5.- PRINCIPIOS XERAIS DE MÁQUINAS.
UNIDADE 6.- MOTORES TÉRMICOS. CIRCUÍTOS FRIGORÍFICOS.
UNIDADE 7.- MAGNETISMO E ELECTRICIDADE. MOTORES ELÉCTRICOS
UNIDADE 8.- AUTOMATIZACIÓN PNEUMÁTICA
UNIDADE 9.- AUTOMATISMOS OLEOHIDRÁULICOS
UNIDADE 10.- SISTEMAS AUTOMÁTICOS
UNIDADE 11.- COMPOÑENTES DUN SISTEMA DE CONTROL
UNIDADE 12.- CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS. ÁLXEBRA DE BOOLE
UNIDADE 13.- CIRCUÍTOS SECUENCIAIS. INTRODUCIÓN Ó CONTROL CABLEADO
UNIDADE 14.- O ORDENADOR E O MICROPROCESADOR. O AUTÓMATA PROGRAMABLE. APLICACIÓNS

 



 

Materiais e recursos didácticos: 

Subir


Avaliación e cualificación:

 As cualificacións utilizadas serán numéricas nunha escala de 0 a 10 puntos con ou sen decimais excepto para as notas finais que expresarán nunha escala de 1 a 10 sen decimais.
Considéranse positivas as cualificacións superiores ou iguais a 5 puntos.
A nota de cada bloque en que se dividiron os instrumentos de avaliación realizarase como media aritmética das puntuacións obtidas nese bloque no periodo considerado.

  • A ponderación que se aplicará a cada un dos bloques en que se dividiron os instrumentos de avaliación para a obtención das notas globais será a seguinte:

- Probas escritas 70%
- Probas orais 20%
- Observación sistemática 10%

A nota final será a media das notas globais de cada avaliación, non obstante, para obter o aprobado será necesario superar todas as avaliacións independientemente.
Nas recuperacións que se realicen a nota máxima que figurará como nota global será de 5 puntos, independientemente de que no exame de recuperación sacouse unha nota superior.
Unha cualificación positiva final implicará que se cumpriron, polo menos, os obxectivos mínimos exixibles.
Cos instrumentos de avaliación e criterios de cualificación anteriores preténdese garantir que a avaliación continua do proceso de aprendizaxe e a avaliación final dos alumnos realízase conforme a criterios obxectivos. Para garantir o anterior, os alumnos terán acceso aos contidos e criterios de cualificación desenvolvidos nesta programación.

Subir



Mínimos esixibles: 
  • Estructura interna e propiedades dos materiais. Técnicas de modificación das propiedades.
  • Oxidación e corrosión. Técnicas de protección Tratamentos superficiais.
  • Realización de ensaios simples e medidas sinxelas dalgunhas propiedades elementais de materiais.
  • Motores térmicos: motores alternativos e rotativos. Descrición cualitativa e principios xerais de funcionamento. Identificación dalgunhas aplicacións habituais.
  • Motores eléctricos. Tipos. Descrición cualitativa e principios xerais de funcionamento. Identificación dalgunhas aplicacións habituais.
  • Circuíto frigorífico e bomba de calor. Elementos. Principios de funcionamento. Aplicacións.
  • Traballo útil. Potencia dunha máquina: par motor no eixe. Perdas de enerxía nas máquinas. Rendemento.
  • Elementos que compoñen un sistema de control: transductores, captadores e actuadores.
  • Estructura dun sistema automático: entrada, proceso, saída. Sistemas de lazo aberto. Sistemas realimentados de control. Comparadores.
  • Montaxe e experimentación de circuítos de control sinxelos.
  • Técnicas de producción, conducción e depuración de fluídos. Caudal. Perda de carga.
  • Elementos de acionamento, regulación e control. Simboloxía.
  • Circuítos característicos de aplicación. Interpretación de esquemas elementais.
  • Automatización primaria de circuítos. Montaxe e instalación de circuítos sinxelos.
  • Control lóxico de sistemas. Circuítos dixitais. Álxebra de Boole. Portas lóxicas.
  • Procedementos de simplificación de circuítos lóxicos. Aplicación ó control do funcionamento dun dispositivo.
  • Circuítos secuenciais. Elementos. Diagrama de fases. Aplicación ó control dun dispositivo de secuencia fixa.
  • Control programado. O microprocesador. O microcontrolador.
  • Interese por comprender cómo se poden formar productos compostos que superan, polas súas boas cualidades, as que tiñan por separado os materiais integrantes.
  • Valoración da importancia da transformación de enerxía eléctrica en mecánica e da elección do motor máis axeitado en cada aplicación.
  • Valoración da importancia da utilización de sistemas automáticos de control.
  • Valoracións das vantaxes e inconvenientes do emprego de circuítos hidráulicos e pneumáticos nos procesos automatizados.
  • Interese pola evolución tecnolóxica dos dispositivos electrónicos e valoración da súa influencia na optimización dos sistemas de control automáticos.



 

 



book | by Dr. Radut