CARBALLO DE SANTA MARGARIDA
GRAZAS POR VOTAR POLO CARBALLO DE SANTA MARGARIDA!
Robustus Robur necesita o teu apoio: comparte e difunde, por favor.
O noso IES deseñou un proxecto circular e sostible arredor do carballo de Santa Margarida, xunto coa AC do Sentir do Carballo de Santa Margarida, con múltiples accións e traballo desde o curso pasado, e tamén no presente. Foi a alumna Melanie Veiga quen lle deu nome: ESCRITA CON ZUME.
A histórica árbore, a quen se refire o Pai Sarmiento xa no século XVIII como “Santa Margarida do Monteporreiro que ten o carballo maiore do Reino”, acaba de ser nomeada como candidata a ÁRBORE DO ANO DE ESPAÑA 2023, competindo con outras oito no ansiado recoñecemento.
Animamos a toda a comunidade educativa a facer posible tal distinción para esta árbore senlleira, votando polo CARBALLO DE SANTA MARGARIDA, antes do 10 de decembro, en:
https://www.xn--arbolybosquedelao-uxb.es/votar-arbol-y-bosque-del-ano-en-espana-2023/