CONVOCATORIA SOLICITUDE MASCARAS PARA ALUMNADO

A Consellería ven de publicar a Orden de 28 de outubro pola pola que se regulan os criterios e o
procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

Quen NON TEN QUE SOLICITAR:

O alumnado BENEFICIARIO da axuda para material escolar no presente curso

Quen TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

O alumnado non beneficiario da axuda para material escolar que cumpra algunha

das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Forma e PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Unicamente de forma PRESENCIAL no centro educativo

ATA o 26 de novembro de 2021

SOLICITUDE E INFORMACIÓN:

ANEXO I

ANEXO II

 

DOCUMENTACIÓN:

Información do proceso de solicitude

Artigo 9. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais
membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou
convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando
algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia