NOVA FP DUAL

 

NOVA FP DUAL: CICLO MEDIO DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS

No IES Luís Seoane imos poñer en marcha para o vindeiro curso 2019/2020 unha nova modalidade de FP na que o alumnado poderá compaxinar a formación entre as empresas colaboradoras e o propio centro.

O obxectivo do ciclo é formar profesionais para desempeñar postos cunha especial cualificación en empresas do sector de distribución de alimentación.

Durante o período de prácticas (de marzo a setembro) o alumnado percibirá unha remuneración e este tempo será cotizado para a Seguridade Social. Ademais poderá beneficiarse dunhas axudas por desprazamento.

Empresas colaboradoras:

·         Eroski

·         Alcampo

·         Gadis

·         Carrefour

O prazo para presenta-las solicitudes comezará o día 24 de xuño e rematará ás 13:00h do día 2 de xullo.

Mais información sobre o ciclo: PDF informativo

Información sobre solicitudes http://www.edu.xunta.es/fp/fpdual-convocatoria-2019

Calendario de admisión http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8195