Skip to Content

Economía

 

 

 

 

 

 

                                                         O departamento de Economía

 

O departamento de Economía crease no IES Lucus Augusti de Lugo no curso 1998/99 ao abeiro do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos IES.

Actualmente o Departamento de Economía ten atribuídas as seguintes materias:

  1. Da ESO:

    1. Economía de 4º (Troncal da opción de EE. Académicas)

    2. Iniciación á actividade emprendedora e empresarial de 4º (Troncal da opción de EE. Aplicadas

  2. Do Bacharelato 

    1. Economía de 1º (Troncal de opción)

    2. Economía de empresa de 2º (Troncal de opción)

    3. Fundamentos de Administración e Xestión de 2º (Específica)

Todas estas materias excepto  Economia 1º BAc (pendente aprobación), desenvólvense segundo o previsto no D. 86/2015 , de 25 de xuño, polo que se establece o currículo da ESO e o Bacharelato na nosa comunidade autónoma (DOG 29/6). 

 

 

 

Xefe/a de departamento:   Pedro Parga Andón

Horario de reunión semanal:    Venres de 11:45 a 12:35

Profesores/as do departamento

Profesor/a

Materia/s que imparte

 Recepción

Pais/nais

Alumnos/as

M.Carmen Rodríguez

Economia 1º BAC 

 

Economia 4º ESO

 

 

 Venres 09:35 a 10:25


Pedro Parga Andón

 

Economía da Empresa  2ºBAC 

Fundamentos de Administración e Xestión 2ºBAC

Economia 4º ESO

 Luns de 09:55 a 10:45  
Gaspar Méndez Fuentes

 


Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial 4ºESO

 

 

 Martes 09:55 a 10:45

 

 

Materia

Título do libro

Autor

ISBN

Editorial

 

ECONOMIA 4º ESO

 

ECONOMÍA

 

 

 

 

 

 

In a Act. Emp e Empre

4ºESO

 

Iniciación a Actividad Emprendora e Empresarial

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Economia 1º BAC

 

Economia

 

 

 

 

 

 

 

 

Economía de la Empresa

2º BAC

 

Economía de la Empresa

 

Josep Alfaro Gimenez

 

978-84-486-1867-4

 

Mac Graw Hill

 

 

Fundam. Admon e Xs

2ºBAC

 

Fundamentos de  Admon e Xestión

 

Francisco Pinilla y otros

 

978-84-486-1240-5

      Mac Graw Hill

 

       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 Bacharelato:

-Charlas, conferencias etc segundo o permitan as normas sanitarias

ESO 4º:

-Charlas, conferencias etc segundo o permitan as normas sanitarias

 

 

 

Proxecto didáctico do departamento de Economía:

- Contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe avaliables e criterios de cualificación de:

Economía 2º BAC

Economía 1º BAC

Economía 4º ESO

FUAX 2º BAC

Iniciativa a act. empren. 4º ESO

Economía, emprendemento e actividade empresarial 1º BAC

 

 

 

 

 

 

Os/as alumnos/as coa materia de Economía 1º BAC pendente do curso pasado, deberán de poñerse en contacto co profesor Pedro Parga Andon

 

INFORMACIÓN DE INTERÉS PARA O ALUMNADO

DE 3º DA ESO QUE VAIA CURSAR 4º ESO

MATERIA: ECONOMIA

En 4º da ESO o alumnado poderá elixir entre duas vías:

1º vía:

Por Matemáticas académicas.Terán que elixir dúas materias troncales entre catro:

Bioloxia e Xeoloxia

Fisica e Quimica

Economía

Latín

Poderán elixir Economía como troncal pero tamén a poderán elixir como específica co cal un alumno que escolla Biloxia e Fisica como troncal de opción podería escoller Economía como específica

2ª vía:

  Por Matemáticas Aplicadas. Terán que elixir dúas materias troncais de opción entre as tres seguintes:

Tecnoloxia

Ciencias Aplicadas a actividades profesionais

Iniciativa a Actividades emprendedoras e empresariais

Igual que no caso anterior, soliciten ou non, Iniciativa a Actividades emprendedoras e empresariais podedes elixir Economía como específica

CONTIDOS

Para informarte sobre os contidos da materia podes visitar a programación

 

NOTA

Non é necesario cursar Economía en 4º da ESO para cursar Economía en 1º de BAC

 

MATERIA: INICIATIVA A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E EMPRESARIAL

Ver programación para información sobre contenidos

INFORMACIÓN DE INTERÉS PARA O ALUMNADO

DE 4º DA ESO QUE VAIA CURSAR 1º DE BAC

MATERIA: ECONOMIA

EN 1º DE BACHARELATO o alumnado cursará:

  • Catro materias troncais xerais

  • Dúas materias troncais de opción

  • Unha materia específica común : A Educación física

  • Específicas: Un mínimo de dúas e un máximo de tres (unha poderá ser troncal de opción) Total 6 horas

  • A materia de Lingua Galega I

1)CATRO MATERIAS TRONCAIS XERAIS

-Tres delas comúns (Filosofía, Lingua Castelá e Literatura I e primeira lingua estranxeira I)

-Outra obrigatoria propia de cada unha das modalidades:

Matemáticas I para a modalidade de Ciencias

Latín I para o itinerariode Humanidades

Matemáticas Aplicadas ás C. Sociais I para o itinerario de C. Sociais

2)TRONCAIS DE OPCION

Dúas materias troncais de opción que, no caso da modalidade de Humanidades e C. Sociais, terán que ser elixidas entres as seguintes:

Economía

Grego I

Historia do Mundo Contemporáneo

Literatura Universal

3)ESPECIFICAS Un mínimo de dúas e un máximo de tres(6 horas)

-Unha a elixir entre as once establecidas no artigo 30º, 4 do D. 86/2015

-Outra que pode pertencer ao bloque das materias troncais de opción non cursada polo alumno/a e que será considerada específica a todos os efectos.

Isto posibilita:

1.- Que un alumno/a da modalidade de Ciencias poida elixir, como específica,a materia de Economía.

 2.-Que os alumnnos/as da modalidade de Humanidades e C. Sociais tamén poden pedir a materia de Economía como específica se non a solicitaron como troncal de opción.

Exemplo1: un alumno/a da modalidade de Humanidades que se matricule, por exemplo, de Latín I e elixa como troncais de opciónGrego I e Historia de Mundo Contemporáneo, podería matricularse de Economía como unha das específicas de opción.

Exemplo 2: Un alumno/a de Ciencias que se matricule, por exemplo, de Matemáticas I e elixa como troncais de opciónBioloxía e Xeoloxía e Física e Química, podería matricularse de Economía como unha das específicas de opción.

Segundo se contempla no artigo 30º, 8 do D. 86/2015,Só se poderá limitar a elección de materias de opción cando haxa un número insuficiente de alumnos/as segundo os criterios que determine a Consellería... ( No artº 10 da Resolución do 15 de xullo de 2016 (DOG 1/8 ) a Consellería fixou as seguintes ratios: Un mínimo de 5alumnos/as para as materias troncais de opción e un mínimo de 10alumnos/as para as materias específicas de opción)

NOTA

Non é necesario cursar Economía en 4º da ESO para cursar Economía en 1º de BAC

 

CONTIDOS

Para informarte sobre os contidos da materia podes visitar a programación

INFORMACIÓN DE INTERÉS PARA O ALUMNADO

DE 1º DE BAC QUE VAIA CURSAR 2º DE BAC

MATERIA: ECONOMIA DA EMPRESA

En 2º de Bacharelato LOMCE o alumnado terá que cursar:

  • Catro materias troncais xerais

  • Dúas materias troncais de opción

  • Específicas: minimo 2-máximo 3. Total 8 horas

(Unha ou dúas poden ser troncais de opción )

  • A materia materia de Lingua Galega II

1) CATRO TRONCAIS XERAIS

  • Tres delas comúns (Historia de España, Lingua Castelá e Literatura II e primeira lingua estranxeira II)

  • Outra obrigatoria propia de cada unha das modalidades:

Matemáticas II para a modalidade de Ciencias,

Latín II para a modalidade de Humanidades

Matemáticas Aplicadas ásC. Sociais II para o itinerario de C. Sociais)

2)DÚAS TRONCAIS DE OPCION

-Unha:Historia da filosofía—obrigatoria

-Outra: Elixir unha materia troncal de opción, entre as seguintes:

Economía de empresa

Xeografía

Historia da Arte

Grego II

 

NOTA
No caso da modalidade de Ciencias a Historia de filosofía non é obrigatoria polo que só se poderá elixir como específica, entonces poderán elixir dúas troncais de opción

3)ESPECIFICAS En total deben sumar 8 horas
Un mínimo de dúas e un máximo de tres materias específicas a elixir entre as doce establecidas no artigo31º, 4 do D. 86/2015.

En vez das anteriores tamén podedes optar por elixir unha ou dúas troncais de opción non solicitadas nos apartados anteriores

Isto posibilita:

1.- Que un alumno/a da modalidade de Ciencias poida elixir, como específica,a materia de Economía da empresa.

2.- Que os alumnos/as da modalidade de Humanidades e C. Sociais tamén a poidan pedir, como específica,a materia de Economía da empresa. se non a solicitaron como troncal de opción.

Exemplo1: un alumno/a da modalidade de Humanidades que se matricule, por exemplo, de Latín II e elixa como troncais de opción Grego II e Xeografía, podería matricularse de Economía da empresa como unha das específicas.

Exemplo 2: Un alumno/a de Ciencias que se matricule, por exemplo, de Matemáticas II e elixa como troncais de opcióna Física e a Química, podería matricularse de Economía da empresa como unha das específicas.

Segundo se contempla no artigo 31º, 8 do D. 86/2015,Só se poderá limitar a elección de materias de opción cando haxa un número insuficiente de alumnos/as segundo os criterios que determine a Consellería... ( No artº 10 da Resolución do 15 de xullo de 2016 (DOG 1/8 ) a Consellería fixou as seguintes ratios: Un mínimo de 5alumnos/as para as materias troncais de opción e un mínimo de 10alumnos/as para as materias específicas de opción)

NOTA

Non é necesario cursar Economía en 1º de BAC para cursar Economía da Empresa en 2º de BAC

CONTIDOS

Para informarte sobre os contidos da materia podes visitar a programación

MATERIA:FUNDAMENTOS DE ADMINISTRACION E XESTION DA EMPRESA

 

É unha materia específica

 

CONTIDOS

Para informarte sobre os contidos da materia podes visitar a programación

INFORMACION SOBRE A SELECTIVIDADE

Consta de dúas partes:

PARTE OBRIGATORIA

PARTE VOLUNTARIA

 

1)PARTE OBRIGATORIA (máxima nota 10, fan media a partir de catro)
Está formada por cinco exames:

1º.-Lingua Castelá e Literatura II

2º.-Lingua Galega e Literatura II3º.-Historia de España

4º.-Primeira Lingua extranxeira

5º.-Materia xeral de modalidade segundo o bacharelato cursado:

-Ciencias: Matemáticas II

-Ciencias Sociais: Matemáticas Aplicadas as Ciencias SociaisII

-Humanidades: Latin II

2)PARTE VOLUNTARIA(máxima nota 4, conta a partir de cinco)

Máximo de materias a examinar: CATRO (puntuarán as dúas con nota mais alta)
Poderán elixir entre as materias TRONCAIS do 2º curso tanto cursadas como de opción como específicas e que sexan distintas da que se examine na parte obrigatoria (artigo 31 D 86/2015 do 25 de Xuño DOG 29 de Xuño)
A nota estará formada pola ponderacíon (tabla) multiplicada pola nota

MATERIAS TRONCAIS A ELIXIR:

Bioloxia

Debuxo Técnico II

Economía da Empresa

Física II

Grego II

Historia do Arte

Historia da Filosofía

Quimica

Xeografía

Xeoloxia

....

 


 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut