try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Cine na aula

Recursos didácticos relacionados co cinema para traballar en titoría

Relación de curtametraxes para traballar a sensibilización respecto das persoas con diversidade funcional / Discapacidade

Nome Descrición Tema Curta
Ian

Curta de animación de J.J. Campanella (2018) que foi galardona en multitude de festivais.

Baseado na historia real de Ian, un neno con parálise cerebral que sofreu a discriminación e mesmo o acoso do seu grupo de iguais.

Duración: 9´ 

Discapacidade  
 Cuerdas

Curta de Animación escrita e dirixida por Pedro Solís García. "Cuerdas" foi a gañadora do Goya 2014.

Duración: 11´

 Discapacidade  
 O regalo

Curta de animación alemán "The Present" (El Regalo), foi gañador de distintos premios de festivais de cine: Mellor film de nenos, mellor animación, mellor música de curtametraxe.

Duració: 4´15"

 Discapacidade  
O incorrecto

Curta da Fundación Prevent intenta poñernos na pel das persoas con discapacidade, a partires de situacións tan absurdas que resultan divertidas pero que provocan un cambio importante: unha nova mirada cara a discapacidade e a conciencia de que a peor barreira a superar está en cada un de nós.

Duración: 5´17"  

Discapacidade
Unha historia vertebral

Curta de animación de Jeremy Clapin "Une histoire vertebral" 2004. Un home solitario vive cun grave e irritante defecto físico. A súa columna está inclinada nun ángulo recto para que sempre mire o chan. A solución á súa tristeza pode estar máis preto do que pensa.

Duración: 9´10"

Discapacidade
As cores das frores

Curta da ONCE (2011) que supón un documento visual moi atractivo dende o punto de vista da inclusión educativa, neste caso, das persoas con deficiencias visuais. O protagonista, Diego, é un estudante cego que ten que afrontar a difícil tarefa de facer algo que vai máis aló do seu coñecemento.

Duración: 4´20"

 Discapacidade  
O circo das bolboretas

Curta de cine independente realizado por Joshua Weigel no 2009 "The butterfly circus" está ambientado na américa dos anos 30 durante a gran depresión. A historia dun home que non ten membros e que se exhibe como burla da naturez.

Duración: 22´36"

Discapacidade  
Nos teus brazos

"En tus brazos" é unha curta de animación sobre a discapacidade sobrevida de xeito insidioso para truncar a vida. Un tango en imaxes absolutamente maxistral.

Duración: 5´20"

Discapacidade  

Distribuir contido