try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

Mudar o conto

mudar o contoOs contos son transmisores da cultura, agochan o sentido da ética e da moral e provocan pensamentos automáticos que contribúen a asentaren atitudes dunha xeración a outra. Moitos dos estereotipos son inoculados a través de relatos e filmes infantís cunha falsa apariencia de inocuidade. O video forma parte dunha experiencia con rapaces e rapazas, nunha campaña de sensibilización respecto á violencia machista, desenvolvida pola organización "Little Revolutions" que pretende amosar como a historia da "Carapuchiña Vermella" é un caso evidente de agresión sexual naturalizada nun conto universal e aparentemente inocente, de xeito que se está a perpetuar de forma continuada un abuso que é normalizado e interiorizado polos mais novos.

Aulas I + I / sesión 3

Nova sesión do obradoiro de teatro do Proxecto Aulas I + I: "O valor das palabras", vai collendo forma a representación. Unha experiencia extraordinaria.

"Éranse unha vez palabras que se cravaban como agullas, que doían ó saír e mancaban ó chegar. Facían que as persoas parecesen pequenas e sen valor. Ocupábano todo e bruaban nas mentes, no aire e mesmo nos escritos. Éranse unha vez palabras que destruían, que excluían. Pero bastaba só con mirarse ós ollos para que brotaran palabras fermosas  que voaban e debuxaban novos sorrisos,  e bruaban nas mentes, no aire e mesmo nos xornais.Éranse unha vez palabras fermosas que sabían facer sentir ben. Facían que as persoas se sentisen valoradas e contaban historias que enchían de folgos. Éranse unha vez palabras fermosas que agarimaban, que incluían."

Slip

Un relato visual de danza contemporánea excepcional. "Slip" é unha microhistoria dunha relación de complicidade, amor, protección, abandono... desenvolvida nunha estación de metro que semella a metáfora dun tempo que non pode permanecer.

Danzan: Phillip Chbeeb e Renee Kester

Música: Elliot Moss    

Aulas I + I / Cuestionario sobre Inclusión e Igualdade

Dentro das actividades do Programa Aulas I + I do Plan Proxecta pretendemos realizar unha sondaxe do contexto educativo en relación á Inclusión e a Igualdade no marco do noso instituto. O cuestionario é anónimo e ten como finalidade provocar unha reflexión respecto á percepción da comunidade educativa en temas vencellados á atención á diversidade. A enquisa pode ser respostada polo profesorado, alumnado, familias e persoal non docente. Quedará aberta a opción de consultar os datos.  

Distribuir contido