Skip to Content

Espazo COVID-19

cazon

Documentación:

Instrución do 5 de setembro para o curso 2022/23

Protocolo Covid (14/01/2022)

Plan de adaptación á situación Covid(2021/22)

Protocolo Covid (06/07/2021)

Planos de circulación polo centro

Plan de Continxenxia(2021/22)

 


 

 

AVISO IMPORTANTE:

ALUMNADO POSITIVO POR AUTOTEST

 

O alumnado que de positivo por autotest na súa casa, debe:

  1.  chamar ao teléfono 881 54 00 45 ou rexistrar os seus datos na páxina do Sergas.
  2.  chamar ao Equipo Covid do centro educativo e comunicarlle ese positivo,604089992.

 

Unha vez que esté confinado, permanecerá na súa casa durante 7 días (os últimos 3 sen síntomas). Durante os tres días seguintes (día 8 a 10) debe reducir ao máximo a súas relacións sociais.

 


 

Información:

Ligazón á presentación das normas Covid-19 no IES Lucus Augusti: Vídeo

#Sentidiño

Familias

Alumnado

Persoal non docente

Profesorado:

Profesores

Titores 

 

Teléfonos de interese:

Teléfono do Equipo Covid do IES Lucus Augusti: 604089992

Teléfono do instituto: 982828020

 Formación:

Vídeos de formación:

 

Vídeo 1: Qué é o coronavirus? https://youtu.be/FhB74X1k0yA

 

Vídeo 2: Equipos COVID Escola: https://youtu.be/tf9HsrBXZJo

 

Vídeo 3: Vixilancia e control https://youtu.be/wSVzFyFEIRo

 

Vídeo 4: Actuacións ante infección https://youtu.be/wLODKnOsV6c

 

 

Outros recursos

Xogo: “escapa do virus”

https://multimediaext.sergas.gal/escola/xogo/escapa/

Ligazóns útiles:

Medidas hixiénicas de prevención ante a Covid-19 nos centros educativos para persoal non docente: https://www.youtube.com/watch?v=BgdeiElbK2g&feature=youtu.be

Erros máis frecuentes no uso da máscara: https://www.youtube.com/watch?v=8fuHSckuzoo&feature=youtu.be

Como realizar unha correcta hixiene de mans: https://www.youtube.com/watch?v=Pwa06y6Ez0Y

Canto sabes do coronavirus? https://escolasaude.sergas.gal/docs/EGSPC/cuestionario_covid_19/index.html

 

 


 

FAMILIAS

¿Qué deben facer as familias?, como deben actuar?

Ás familias pídeselles comunicación, responsabilidade e colaboración.

1. Comunicación: 

As familias non poderán entrar no centro. Para as titorías débese usar Abalar e correo electrónico. De forma excepcional,

 

vía telefónica ou por vídeochamada. Soamente en casos de extrema necesidade serán presenciais, acordándoo sempre

con anterioridade co/a titor/a e cita previa, mantendo as medidas de seguridade, prevención e hixiene establecidas. Nese

caso non se poderá acceder sen máscara.

A canle de comunicación xeral do centro escolar coas familia será a páxina web do centro ou abalar.

 

2. Responsabilidade:

Ás familias esíxeselles responsabilidade na forma de actuar e cumprir rigorosamente co establecido. 

2.1. Antes de saír ao centro escolar:

Tódolos días, os pais/nais deben tomarlle a temperatura aos seus fillos e comprobar que non teñan febre ni presenten

ningún outro síntoma clínico de sospeita de infección por coronavirus.

Para facilitar esa tarefa a Xunta proporcionou unha autoavaliación. Non é necesario presentala en ningún lugar.

De presentar calquera destes síntomas, o/a alumno/a NON debe acudir ao centro escolar e débese solicitar consulta no

centro de saúde de referencia.

Posteriormente deben comunicarllo ao Equipo - Covid do centro escolar.

Para a xustificación da ausencia, non será preciso xustificante médico, abonda coa xustificación dos pais ou titores legais.

Test de autoavaliación.

Declaración responsable.

 

Deben comunicar ao equipo Covid tanto as ausencias como as incorporacións do alumnado despois dun

confinamento.

 

 2.2 Mentres o seu fillo/a se atope no centro escolar:

 

No momento no que o seu fillo/a é sospeitoso de coronavirus, un membro do Equipo Covid do centro escolar ou do Equipo

directivo contactará cos pais/nais ou persoa de referencia para que na maior brevidade posible pasen a buscalo/a. Deben

chamar ao seu centro de saúde de referencia e falar co pediatra ou o seu médico, que valorará a necesidade da solicitude

dun test diagnóstico.

Se feito o test o resultado fose positivo, deberá comunicarllo ao Equipo Covid do centro escolar.

 

3. Colaboración:

Ás familias pídeselles que axuden a cumprir as normas e que inculquen aos seus fillos/as as medidas de hixiene sanitarias:

O correcto uso da máscara, o xeito de poñela e sacala e de gardala

Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca

Hixiene de mans: lavado frecuente

Ao tusir ou esbirrar, tapar a boca e o nariz cun pano de papel ou ben contra a flexura do cóbado

 

IMPORTANTE: Os alumnos deben traer dúas máscaras: unha posta e a outra nun estoxo para poder

cambiar.

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut