Skip to Content

Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto para o curso 2020/21

Publicouse a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2020 ata o 19/06/2020, ambos os dous inclusive.

Resumo axudas material escolar: 1ºESO e 2ºESO

Resumo axudas fondo libros: 3ºESO e 4ª ESO



page | by Dr. Radut