Skip to Content

Información para a entrega de vales de material escolar e libros de texto

1. Vales de material escolar

Os vales para a compra de material escolar xa están dispoñibles nas oficinas do centro. Deberán recollelos os pais/nais.

2. Libros de texto:

1º e 2º da ESO

Os libros recolleranse na conserxería do centro o martes 17 de setembro. O alumnado baixará á conserxería acompañado do seu titor/a e coa folla de préstamo que lle será entregada na presentación. Para unha entrega ordenada estableceranse as seguintes quendas:

1º ESO A: 11:00 h     2º ESO A: 12:00 h  
1º ESO B: 11:15 h     2º ESO B: 12:15 h  
1º ESO C: 11:30 h     2º ESO C: 12:30 h  
1º ESO D: 11:45 h     2º ESO D: 12:45 h  

 

 O alumnado que non poida recoller os libros na quenda prevista (causa xustificada) pode facelo os días 17 e 18 de setembro en horario de 16:00 a 22:00 h.

3º e 4º da ESO

Os libros repartiranse ó longo da semana directamente ó alumnado, que deberá devolver o documento de entrega asinado.

Coidado e devolución dos libros.

Os libros deberanse manterse en bo estado e o alumnado estará obrigado a devolvelos ó centro nas datas establecidas. Non se pode escribir nos libros (tampouco con lapis) e antes de devolvelos haberá que borrar o que teñan escrito.



page | by Dr. Radut