try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Por qué tan poucas?

porqué tan poucasO proxecto “Por qué tan pocas?visibiliza o papel das mulleres españolas no campo da tecnoloxía e a ciencia a través de materiais audiovisuais orientados a crear novos referentes femininos neste ámbito para @s nen@s e adolescentes. O proxecto consta dunha longametraxe documental, “@porquetanpocas” da cineasta Carlota Coroado que se estrea o 19 de xuño en Madrid, na que se visibiliza a mulleres que se dedican á ciencia e a tecnoloxía na actualidade, dende as máis veteranas que abriron camiño ata as máis novas. Paralelamente elaboráronse 20 pílulas audiovisuais con historias individuais de cada unha das científicas e tecnólogas que desenvolven actividades relevantes nas súas áreas, co fin de que as nenas, adolescentes e mozas accedan a modelos adecuados para a súa aprendizaxe en igualdade e para construír unha nova cultura científica na que as mulleres acaden maior protagonismo.

O grupo musical de mulleres “Magara” (Meigas) inspirouse no proxecto e compuxo un tema a ritmo de salsa “para bailar a ciencia”, a súa intención é axudar a crear referentes femininos neste ámbito e amosar o orgullo cara as incribles mulleres científicas e tecnólogas que hai neste país e que merecen o seu momento de fama.