Skip to Content

”Exploración tripulada dos últimos confíns do planeta. Baixada á Foxa das Marianas"

cazon

 O enxeñeiro aeronáutico Héctor Salvador Fouce, vai impartir este xoves 12 ás 16:00 horas no salón de actos do IES Lucus Augusti, unha conferencia co título:”Exploración tripulada dos últimos confíns do planeta. Baixada á Foxa das Marianas", dentro do programa de actividades Stembach. Este lucense, que foi alumno do centro, comezou a súa carreira profesional na Axencia Espacial Europea como enxeñeiro aeronáutico, pero a primeira vez que se mergullou no mar decidiu dar un xiro radical e dedicarse á exploración dos océanos como piloto e enxeñeiro de submarinos tripulados. Nos dez anos que leva no sector, acumula máis de 2.000 inmersións en tódolos mares do planeta, entre as que destaca o descenso ó Abismo da Serea na Foxa das Marianas, a 10.706 metros de profundidade, converténdose no primeiro español en chegar ó máis fondo do noso planeta.

Héctor é director de operacións de Triton Submarines EMEA, consultor marítimo da Real Liga Naval Española, Académico correspondente da Real Academia de la Mar, numerario da Real Sociedad Geográfica e membro do Explorers Club de Nova York.



page | by Dr. Radut