try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Xornada de portas abertas da USC

O Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC organiza unha Xornada de Portas Abertas o vindeiro venres 25 de xuño no Campus de Lugo, onde se concentran varias das novas ofertas de grao da USC como o novo grao en Xestión Cultural, que comeza no curso académico 2021-2022, ou os Graos en Bioquímica e Empresa e Tecnoloxía, que se iniciaron no presente curso. Todos eles son graos únicos no Sistema Universitario Galego e súmanse a outros de implantación recente, os Graos en Robótica e en Paisaxe.

Esta Xornada de Portas Abertas vai dirixida especialmente ao alumnado que acaba de rematar as probas ABAU e aos seus pais e nais. Xunto coa presentación das titulacións, darase información sobre os servizos para o alumnado como son as residencias universitarias.

Para inscribirse na Xornada, as persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario:https://forms.office.com/r/qEzbsCMxtq

Para calquera dúbida poden dirixirse ao correo: aponte.lugo@usc.es

Resumo de quendas e percorridos ofertados

Xornada de Porta Abertas USC