Skip to Content

Valentín Portabales Blanco, director honorario

O 30 de marzo de 1921 falecía en Lugo Valentín Portabales Blanco, un emblemático profesor deste Instituto que exerceu como director do mesmo durante catro décadas.
Tamén foi un docente a quen recordaron con agarimo e respecto moitos lucenses de prestixio que tiveron a honra de ser discípulos seus, como Antonio Correa Fernández, Jesús Rodríguez López ou Prudencio Iglesias Hermida, como, así mesmo, outros escritores e intelectuais que o coñecían e foran testemuñas da súa competencia, bondade e popularidade, como Antonio Couceiro Freijomil ou Ánxel Fole.
Este centro, que comprobou a xenerosidade persoal de don Valentín coa doazón da súa biblioteca e doutros prezados obxectos persoais, entre eles o bastón que se lle concedera como director honorario, quere agora recordar o centenario da súa morte co envío da publicación que fai algúns anos redactou na súa memoria o profesor Antonio Prado, ao mesmo tempo que invita a todos os interesados a asistir ao acto que na homenaxe de don Valentín Portabales se ofrecerá por videoconferencia o día 14 de abril de 2021, de 11:00 h a 12:00 h.

Videoconferencia



page | by Dr. Radut