CALENDARIO ESCOLAR. CURSO 2018-2019

 

Calendario escolar definitivo. Curso 2018-19. IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

 

DESCARGAR CALENDARIO EN PDF

PRESENTACIÓN DAS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS

 

 

O próximo venres 28 de setembro, ás 19:30 h., terá lugar a presentación das ensinanzas de persoas adultas, ESA e BACHARELATO.

 

As clases darán comezo o luns 1 de outubro.

 

IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

HORARIO DE TRANSPORTE PARA O LUNS 17 DE SETEMBRO. COMEZO DAS CLASES

EMPRESA HORA DE CHEGADA AO CENTRO EDUCATIVO
ESTRADENSE 8.45

TROITIÑO

8:45
BENITO ABALO 10:00
CUIÑA 10:00
EXPRÉS DE VEA 10:00

TÉÑASE EN CONTA QUE ESTES HORARIOS SON DE CHEGADA AO CENTRO EDUCATIVO, IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

Apertura do curso 2018/19

No seguinte documento achégase o horario de recepción dos alumnos o vindeiro luns 17 de setembro, día de apertura oficial do curso 2018/19 no IES Antón Losada Diéguez

Calendario de exames de Setembro 2018

No seguinte documento achégase información sobre o calendario das probas de setembro de ESO, Bacharelato, FP Básica, ESA e Bacharelato de adultos

Calendario de exames finais de Secundaria (ESA) e 1º Bacharelato de Adultos

Nos seguintes documentos atópanse os calendarios de exames finais correspondentes aos estudos de Educación Secundaria de Adultos (ESA) e 1º de Bacharelato de Adultos

Excursión ás Illas Cíes

Estase a organizar unha excursión do alumnado do centro ás Illas Cíes para o vindeiro 19/6/2018.

De xeito que poidan facerse as correspondentes solicitudes de autorización na Xunta de Galicia para visitar ás illas, prégase que o alumnado interesado cubra os seus datos persoais (até o lúns 4 de xuño) a través do seguinte enlace

Erasmus+ 2018. Prácticas en Italia de alumnos de CM Sistemas Microinformáticos e Redes

Os nosos alumnos Luis Soneira Gómez e Sergio Salgado Rey, do Ciclo Medio de Sistemas microinformáticos e redes, están realizando as prácticas en empresa (FCT) en Italia, na empresa INTERLINEA de Forlí, xa habitual colaboradora deste centro.

O período de prácticas comezou o 4 de abril e prolongarase ata o 15 de xuño.

Contan cunha beca Erasmus+, do proxecto "Europa. Next Station: Improving Professional Skills in Galicia", que coordina a Consellería de Educación e no que o Instituto IES ANTÓN LOSADA participa como socio. 

Fondolibros curso 2018/19. Presentación de solicitudes

O seguinte documento recolle información relevante relativa á participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2018/19

Premios a proxectos de innovación na FP 2018

Tres proxectos de innovación en FP no que o IES Antón Losada Diéguez participa, como centro coordinador ou como centro colaborador, resultaron premiados nos "Premios para o Desenvolvemento de Proxectos de Innovación Tecnolóxica ou Científica e Proxectos de Innovación Didáctica no ámbito da Formación Profesional" convocados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Proxectos premiados:

  • WOOD_COM. Cápsula orgánica multiúso
  • Prototipo para o desenvolvemento de robots autónomos móbiles de servizo en interiores 
  • Seguridade Memorflex

[Máis info]