A Revista do Losada

E logho? A revista promovida polo EDLG, xa está aquí un ano máis.

 

 Revista elogho? 2019 by on Scribd

FORMACIÓN DO PROFESORADO. CURSO DE FIBRA ÓPTICA NO LOSADA

 

 Anúnciase curso práctico presencial de fibra óptica no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

 

Obxectivos

1.Instalar, conectar e medir fibra óptica e cables da categoría 6 en ICT.

2.Realizar comprobacións seleccionando os equipos de medida máis axeitados.

3.Conectar equipos electrónicos de comunicacións con interfaces de fibra óptica.

Contidos

1.O regulamento de ICT2. Dimensionamento das instalacións.

2.Fibra óptica para a ICT2. Elementos e equipos recomendados.

3.Conectorización de redes de datos da categoría 6.

4.Medicións en circuítos ópticos en ICT.

5.A certificación de cableado de datos da categoría 6.

 

Enlace formación do profesorado. (Inscrición)

Inscrición na ANPA do IES P. Antón Losada Diéguez

 

 

A ANPA do IES P. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ recorda ás familias a importancia de asociarse.

 

 

Descarga documento de inscrición AQUÍ

 

 

PONSE Á VENDA A CASA REALIZADA POLO CICLO DE CARPINTARÍA E MOBLE

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez pon á venda a Microvivenda de madeira realizada polo alumnado e profesorado do Ciclo de Carpintaría e Moble cuxo proxecto recibiu un premio á Innovación da Consellería de Educación en 2018. O procendemento de venda réxese polo sistema de presentación de ofertas. Pode consultarse e descargarse neste enlace:

PROCEDEMENTO PARA A VENDA DA MICROVIVENDA

 

PREMIO PARA O LOSADA NO CERTAME CLASES SEN FUME

O alumnado de 2º ESO A do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez recibiu no día de hoxe o primeiro premio do certame promovido pola Consellería de Sanidade, CLASES SEN FUME, que ten como  obxectivo evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos.

O premio foi outorgado ao proxecto presentado polo centro, en concreto ao mellor lema: Paso de fumadores, e ti? que fai referencia ao contido do vídeo presentado polo grupo ao concurso. Recolleron o premio no Pazo de congresos acompañdos pola súa titora, Marián Rey
O alumnado de 2º de ESO recibirá como agasallo unha estancia de unha semana na residencia da Xunta de Gandarío con actividades de tempo libre.


 

 

PROBAS LIBRES. CICLOS FORMATIVOS

AVISO ÁS PERSOAS INTERESADAS

 

PRESENTACIÓN PROBAS LIBRES

CICLOS FORMATIVOS

3 DE XUÑO ÁS 12 H.


 

 

PRESENTOUSE A CASA DE MADEIRA DO CICLO DE CARPINTARíA E MOBLE

O pasado 16 de maio foi presentada a casa, que forma parte do proxecto WOOD-C.O.M., nun acto ao que asistiron unhas cincuenta persoas representando ao tecido social, económico e político estradense. Tamén estivo presente a subdirectora xeral de Formación Profesional, M. Eugenia Pérez Fernández e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Na primeira parte do acto os verdadeiros protagonistas foron os alumnos e alumnas que cursan o ciclo de carpintaría e moble e o profesorado que os guía, e que se encargaron do deseño e fabricación da casa.

 

 

A continuación, todas as persoas asistentes xuntáronse no salón de usos múltiples do Losada no que escoitaron unha alocución do director do centro, José Manuel Puente, seguida da proxección dun vídeo no que se recolle o proceso de elaboración da casa. A clausura correu a cargo da subdirectora xeral de FP, M. Eugenia Pérez Fernández.

 

 

Vídeo

 

 

PRESENTACIÓN DA CASA REALIZADA POLO ALUMNADO DO CICLO DE CARPINTARIA E MOBLE

O próximo xoves, 16 de maio, terá lugar o acto de presentación da casa realizada polo alumnado e profesorado do ciclo de Carpintaría e Moble do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. Ás 13 horas, no Salón de Actos do centro, realizarase o acto oficial, coa proxección dun vídeo no que se recolle o proceso de deseño e fabricación da mesma, para a continuación facer unha visita á casa que se encontra instalada no recinto do centro estradense. No acto participarán: José Manuel Puente, director do centro; Cesar Pérez Ares, xefe territorial de educación da Xunta de Galicia, e outros representantes da administración educativa. Tamén confirmaron a súa asistencia; o alcalde da Estrada, José López, así como representantes dos partidos da corporación. O tecido socioeconómico estradense estará representado polo presidente da Asociación de empresarios, Fundación do Moble e  representantes de diversas empresas do sector, e da Asociación de comerciantes.

 

Reportaxe no programa da TVG, Fun polo aire. Pódese ver picando AQUÍ