INICIO DO CURSO DA EPA

O próximo xoves 26 de setembro, ás 19 h., terá lugar a presentación das ensinanzas de persoas adultas, ESA e BACHARELATO SEMIPRESENCIAL.Na Biblioteca do centro.

 

As clases darán comezo o venres 27 de setembro no horario correspondente.

 

IES  PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

OFERTA EDUCATIVA DO CENTRO NA PRENSA

O Faro de Vigo recolle a oferta educativa do IES Pl. Antón Losada Diéguez.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

 

PODES DESCARGAR O CALENDARIO ESCOLAR EN PDF PICANDO AQUÍ:

CALENDARIO ESCOLAR 2019-20

APERTURA DO CURSO 2019-2020

O inicio das clases terá lugar o luns 16 de setembro, para todos os cursos da ESO e a FPB e o martes 17 de setembro para o Bacharelato e os Ciclos Formativos.

O horario pode consultarse descargando o seguinte documento:

 

 

HORARIO DE APERTURA DO CURSO 2019-20

 

 

ABERTA A MATRÍCULA PARA AS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS

 

As persoas interesadas en matricularse no ensino de adultos, tanto en secundaria como en bacharelato, xa poden realizar os trámites necesarios na Secretaría do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez para matricularse.

Os estudos de adultos que se imparten no centro son os seguintes:

 

ESA (Educación Secundaria de Adultos) que comprende:

-Módulo 1 e 2 modalidade presencial. Para estes o prazo de inscrición remata o día 12 do presente mes.

-Modulo 3 e 4, modalidade presencial. Para estes o prazo de inscrición remata o día 12 do presente mes.

-Módulo 3 e 4, modalidade semipresencial. Para estes non hai data límite de inscrición.

Na modalidade semipresencial de secundaria o alumnado ten dúas horas de clase semanal por materia e unha hora de titoría co docente correspondente.

 

BACHARELATO

1º CURSO, modalidade semipresencial. Para este non hai data límite de inscrición.

2º CURSO, modalidade semipresencial. Para este non hai data límite de inscrición.

Na modalidade semipresencial de bacharelato o alumnado ten unha hora de clase semanal por materia e unha hora de titoría co docente correspondente.

 

ENTREGA DE NOTAS SETEMBRO 2019

A entrega dos boletíns de cualificación de setembro realizarase conforme ao seguinte horario o próximo xoves 5 de setembro.

 

DESCARGAR PDF

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2019-2020

Xa podes consultar os libros de texto correspondentes ao curso 2019-2020.

Podes consultar a listaxe ou descargala na seguinte ligazón:

 

LIBROS DE TEXTO 2019_2020

 

 

 

 

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2019

Xa está publicado o calendario de exames de setembro do curso 2018-19. Pode consultarse e descargarse nesta ligazón:

 

EXAMES SETEMBRO 2019

 

ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES
As probas das materias pendentes realizaranse segundo o calendario das materias do curso que se teña pendente. En caso de coincidir dita hora con algún outro exame, poderase realizar na hora seguinte, pois en xeral, todos os exames teñen reservada a seguinte hora por se isto sucedese

A Revista do Losada

E logho? A revista promovida polo EDLG, xa está aquí un ano máis.

 

 Revista elogho? 2019 by on Scribd