ACTIVIDADES NO LOSADA

Esta semana tiveron lugar as seguintes actividades complementarias e extraescolares no instituto:

Ruta xeolóxica polo Pico Sacro

O luns, 7 de outubro o alumnado de Bioloxía de 1º BAC e de Xeoloxía de 2º participou nun interesante percorrido xeolóxico na contorna do Pico Sacro. Gozaron ademais dunha climatoloxía estupenda para a xeorruta.

 

Presentación do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso

O propio luns, no salón de usos múltiples do centro, o alumnado de 4º ESO e de 1º BAC asistiu á presentación do novo proxecto musical xurdido na nosa vila. Os integrantes do combo do Obradoir de música moderna Carlos Barruso explicaron a todos e todas as asistentes o funcionamento desta escola de música. Acompañaron a presentación coa magnifica interpretación dunhas pezas musicais que foron ovacionadas polo público.