ABERTA A MATRÍCULA PARA AS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS

 

As persoas interesadas en matricularse no ensino de adultos, tanto en secundaria como en bacharelato, xa poden realizar os trámites necesarios na Secretaría do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez para matricularse.

Os estudos de adultos que se imparten no centro son os seguintes:

 

ESA (Educación Secundaria de Adultos) que comprende:

-Módulo 1 e 2 modalidade presencial. Para estes o prazo de inscrición remata o día 12 do presente mes.

-Modulo 3 e 4, modalidade presencial. Para estes o prazo de inscrición remata o día 12 do presente mes.

-Módulo 3 e 4, modalidade semipresencial. Para estes non hai data límite de inscrición.

Na modalidade semipresencial de secundaria o alumnado ten dúas horas de clase semanal por materia e unha hora de titoría co docente correspondente.

 

BACHARELATO

1º CURSO, modalidade semipresencial. Para este non hai data límite de inscrición.

2º CURSO, modalidade semipresencial. Para este non hai data límite de inscrición.

Na modalidade semipresencial de bacharelato o alumnado ten unha hora de clase semanal por materia e unha hora de titoría co docente correspondente.