Erasmus+ Curso 2016-17

FCT EN ITALIA:

Dous alumnos do Ciclo Medio de Sistemas microinformáticos e redes están realizando as prácticas en empresa (FCT) en Italia, na empresa INTERLINEA de Forlí. O período de prácticas comezou o 11 de abril e prolongarase ata o 21 de xuño. Contan cunha beca Erasmus +, do proxecto "Europa. Next Station: Improving Professional Skills in Galicia" que coordina a Consellería de Educación e no que o Instituto IES ANTÓN LOSADA participa como socio. 

 

 FCT EN PORTUGAL:

Dous alumnos de Formación Profesional Básica, de Servizos administrativos e de Automoción (Operacións auxiliares de mantemento de vehículos), realizaron parte das prácticas en empresas en Portugal, na empresa Auto Pontinha da Várzea de Barcelos e na Cámara Municipal de Barcelos.

Xuntáronse en Portugal con máis  alumnado de Galicia, que realizou tamén alí as prácticas, e con estudantes de outros países europeos. Contaron coa axuda da súa profesora de inglés, Pilar Gato, que os acompañou para realizar as xestións nas empresas e na residencia de estudantes. 

Daniel Carbia Pazos, na empresa Auto Pontinha da Várzea.

 

Eva Cimadevila Amboage no Museo da Olaria, dependente da Cámara Municipal de Barcelos.

Tamén houbo algo de tempo para o lecer.