O IES Antón Losada celebra o Dia da Muller cun espectáculo teatral.

O IES Antón Losada Diéguez da Estrada programa para este próximo 7 de marzo, en dentro da celebración das actividades arredor do día da Muller, a representación da obra de teatro PAN! PAN!a cargo do grupo santiagués A Panadaría (www.apanadaria.es). Trátase dun espectáculo teatral de primeiro nivel en Galicia, do cal achegamos información máis abaixo, levado adiante por unha compañía formada exclusivamente por mulleres, e que leva colleitado nestes dous últimos anos varios premios, así como un grande éxito de representacións e público.

A actividade comezará as 13:15 h e está destinada ao alumnado de 3º, 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato.

PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

Premios

- Premio da Crítica Galicia 2015

- Areta Bolado Mellor Actriz Secundaria nos Premios María Casares 2015

- Nominada a Mellor Música Orixinal nos Premios María Casares 2015

- Primeiro premio Xuventude Crea 2013

Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman

Idea orixinal / texto: Areta Bolado

Música orixinal: Ailén Kendelman

Atrezzo: Isabel Mouzo

Iluminación: Montse Piñeiro

Fotografía: Pilar Abades

Deseño gráfico: Noelia Castro