Quen somos

O IES Lois Peña Novo é:

  • Un centro público dependente da Xunta de Galicia.
  • Aconfesional.
  • Pluralista.
  • Educador na liberdade e para a liberdade.
  • Educador cara á apertura.
  • Formador da persoa: integración, diferenciación, compensación, coeducación.

O seu estilo de ensinanza-aprendizaxe centrase en:

  • Bilingüismo lingüístico.
  • Metodoloxía crítica, participativa, investigadora, dialogante e colaboradora.
  • Interdisciplinariedade.
  • Aglutinación do contexto - avaliación.

¿Que pretendemos?

O equipo docente do centro propoñemonos a elaboración
duns fins ou metas educativas que a sociedade en xeral e o noso entorno
en particular nos demandan.

Entre estas finalidades destacamos as seguintes:

  • Acadar o máximo desenvolvemento das capacidades do alumnado.
  • Capacitar ó alumnado para o exercicio dunha actividade profesional e para transición á vida activa.
  • Capacitar academicamente ó alumnado para a incorporación a estudios universitarios.
  • Preparar ó alumnado para participar activamente dun xeito crítico na vida social e cultural.

Para lograr estas finalidades consideramos
imprescindible a participación e colaboración dos distintos membros da
comunidade educativa, asumindo cada grupo as súas responsabilidades.

Esta colaboración abarcará e caracterizarase por:

  • Participación dos pais.
  • Participación do alumnado.
  • Participación do profesorado.
  • Participación e relación coas empresas.

Propoñemos, tamén, como obxectivo promover
iniciativas que favorezan a consolidación de usos lingüísticos en
galego avanzando no proceso de normalización lingüística.

¿Cómo nos organizamos?

Recursos humanos:

  • Órganos de goberno: unipersonais e colexiados.
  • Órganos de coordinación docente: departamento de orientación e departamento de actividades complementarias e extraescolares.
  • Outros
    órganos: comisión de coordinación pedagóxica, coordinación en centros
    de traballos e o equipo de normalización lingüística.
  • Departamentos didácticos.
  • Titores.
  • Órganos de participación da comunidade escolar: comisión de convivencia, APA, xunta de delegados, Asociación do alumnado.

Recurso materiais:

  • Laboratorio de Física
  • Laboratorio de Química e Ciencias Naturais.
  • Aulas de Informática.
  • Aula de Xestión Administrativa.
  • Aula de Debuxo.
  • Dous talleres de Electricidade.
  • Aula técnica de Electricidade.
  • Dous talleres de Automoción.
  • Aula técnica de Automoción.
  • Aula de Tecnoloxía.
  • Aula de Usos Múltiples.
  • Aula de Audiovisuais.
  • Sete aulas para asignaturas comúns.
  • Ximnasio.
  • Sala de Profesores.
  • Biblioteca.
  • Despachos para cargos directivos e seminarios.
Distribuir contido