Probas Libres para a obtención do Título de Bacharelato

Convócanse PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO.

Poderanse inscribir para a realización das probas para a obtención do título de Bacharelato:

-Aquelas persoas que teñan 20 anos ou os cumpran ao longo do 2015 e

-Non estean a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2013/14.

PRAZO DE MATRÍCULA: do 16 ao 27 de febreiro ambos os dous incluídos.

DATA DA PROBA: 24 de ABRIL

 

 

Montaxe dunha impresora 3D

Na fotografía podemos ver a os alumnos do Ciclo Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede montando unha impresora 3D durante unha clase do módulo formativo Fundamentos de Hardware.

Unha impresora 3D é capaz de fabricar obxectos en tres dimensións a partir dun modelo feito nun ordenador. A impresora coa que están a traballar os alumnos pertence ao proxecto Reprap que é unha iniciativa que pretende crear máquinas autorreplicables; é dicir, máquinas coa habilidade de producir os compoñentes necesarios para construír outra versión de si mesma.

Club de lectura

Onte tivemos a xuntanza do club de lectura sobre Ollos de auga, de Domingo Villar. Gustounos moito a novela: a caracterización dos personaxes, a descricións dos ambientes e da cidade de Vigo; o ritmo pausado, conciso e áxil; as relacións interpersoais. Tamén falamos da segunda entrega das novelas sobre o inspector Leo Caldas, A praia dos afogados, que seguramente leamos máis adiante, e tamén do cine, pois Gerardo Herrero rodou unha adaptación desta segunda novela, con Carmelo Gómez como protagonista, inda pendente de estrea. En Ollos de auga hai unha importante presenza da música, música que escoitamos a través da lista de reprodución que preparou o Club e a Biblioteca no YouTube. Submérxete nela e, se inda non o fixeches, aproveita para facelo lendo esta estupenda novela.

 

Club de lectura

Hoxe o noso club de lectura está na prensa. Anímate a participar nel!

Agora estamos lendo nun grupo Ámote Leo A., de Rosa Aneiros, e no outro El traje gris, deAndrea Camilleri.

Presentación e comezo das clases dos módulos obrigatorios do segundo curso de PCPI

A presentanción e comezo das clases dos módulos obrigatorios do segundo curso de PCPI terán lugar o luns día 9 de febreiro ás 9:35 horas.

Exames finais 2º PCPI módulos obrigatorios

No arquivo adxunto poden consultarse as datas e horas dos exames finais correspondentes aos módulos obrigatorios do segundo curso de PCPI.

Presentación e comezo das clases dos módulos II e IV da ESA

A presentanción e comezo das clases nos módulos II e IV da Educación Secundaria para persoas Adultas terá lugar o luns día 9 de febreiro ás 18:00 horas.

Exames finais ESA

No arquivo adxunto figuran as datas, horas e aulas dos exames finais da ESA I e ESA III.

Felices festas

Desde o Lois Peña Novo desexámosvos unhas boas festas e un moi bo 2015! 
Distribuir contido