Apertura do prazo para solicitar mobilidades no curso 2016/17 como recentes titulados/as -programa KA102- dentro do programa Erasmus+

 

Ábrese o prazo para solicitar prazas de mobilidades para titulados recentes por parte de todas aquelas persoas que, atopándose matriculadas no segundo curso dun ciclo medio no período académico 2015-16, titulen dentro deste mesmo curso. Aquelas persoas que teñan interese en acceder a elas poderán presentar instancia no prazo que vai dende mañá, día 7 de xuño de 2016 ata as 14 horas do vindeiro xoves día 16.

 

Aquelas persoas que queiran participar no proceso de selección deberán cubrir a instancia -que poderán solicitar na secretaría do centro- e achegar a documentación que estimen pertinente para que lles sexan valorados os méritos segundo os criterios de selección fixados para este proceso que se acompañan no arquivo adxunto.

  

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, publicarase unha listaxe das persoas solicitantes -tanto admitidas como excluídas de ser o caso-. Contra esta listaxe provisoria poderase reclamar no prazo de dous días hábiles. No caso de haber reclamacións resolveranse no día hábil seguinte, publicándose a continuación a listaxe definitiva.

 

Contratación do servizo de cafetería para o curso 2016-2017

Denominación do contrato: Contrato de servizo de xestión e explotación da cafetería do IES Lois Peña Novo.

 

Duración do contrato: do 1 de setembro de 2016 ao 31 de agosto de 2017.

 

Os licitadores que desexen tomar parte neste procedemento poden informarse dos requisitos necesarios na dirección do centro.

 

Prazo límite para a entrega da solicitude e documentación: luns 13 de xuño de 2016 ás 14:00 horas na secretaría do centro.

 

Poden consultarse as instrucións e condicións da contratación no arquivo adxunto

Teatro na biblioteca: a Berenguela da man do CEIP insua Bermúdez

Este venres imos ter unha obra de teatro moi especial, dun autor moi especial, cunha directora moi especial e unha compañía... MOI ESPECIAL!!!

Canto lle queremos ó CEIP Insua Bermúdez!, os nosos veciños de enfronte, que son enventeir@s coma nós, que sempre nos apoian nas nosas propostas e que son exemplo do ensino público (e comprometido) de calidade!

Despois da súa estrea, comezan a súa xira mundial con parada na biblioteca do LPN! Berenguela's TOUR!

 

Exames finais de maio de 2º de Bacharelato

Calendario cos exames finais de maio para as materias de 2º de Bacharelato.

 

Exames de maio para materias de 1º de Bacharelato

Calendario coas datas e horas dos exames de maio para aquel alumnado

de 2º de BAC que pode titular e que ten algunha materia pendente de 1º.

Xornada de portas abertas

Mañá 31 de marzo, xornada de portas abertas no IES Lois Peña Novo. Ven coñecer as nosas ensinanzas, espazos e equipamentos. Haberá demostracións do traballo que se fai nas distintas ensinanzas, dos proxectos nos que estamos, das últimas tecnoloxías (domótica, hidróxeno, impresoras 3D, drons, robots, enerxía fotovoltaica...). Poderás falar co profesorado e o alumnado, que será guieiro na túa visita.
Non tes que facer reserva nin avisar con antelación: de 8:45 a 14:15 e de 15:30 a 21:15h (para os talleres preferentemente antes das seis da tarde, e para coñecer a ESA e Bacharelato de adultos mellor de 18:00 a 21:15), o LPN abre as súas portas pra ti!
Mira o vídeo e acude!

Respecto!

Eu respecto
Ti respectas
El/Ela respecta
Nós respectamos
Vós respectades
Elas/Eles respectan

Porque todas e todas nos respectemos! Coas nosas diferenzas, todas e todos somos iguais!

 

Vídeo reportaxe sobre o coche movido con hidróxeno

Aquí tedes un estupendo vídeo, elaborado por Vagalume Audiovisual, onde se resume o traballo levado a cabo por un grupo de profesores de automoción de distintos centros de ensino galegos: IES Castro da Uz de as Pontes, IES Lois Peña Novo de Vilalba, IES de Fene e IES María Sarmiento de Viveiro, que se uniron na procura do deseño e construción dun motor que funcionase con hidróxeno.

 
Distribuir contido