Francia, música da volta ó Mundo en 8 estacións

Como xa saberedes, o noso club de lectura e o cineclub andan facendo a volta ó mundo. Agora, na segunda estación, andan lendo El hombre del revés, de Fred Vargas. A xuntanza será este venres ás 11:15 (en nocturno xa se xuntaron hai un par de semanas). Pra acompañar a lectura fan listaxes de reprodución de música, tanto en youtube como en Spotify. Aquí tes a de Francia, anímate a participar!

Probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Superior

Ábrese a convocatoria para as PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR.

  • Inscrición: Do 6 ao 15 de febreiro de 2017.

Outras datas a ter en conta son:

  • Publicación da listaxe provisional de inscritos/exencións:03 de marzo
  • Publicación dos centros de realización das probas:22 de marzo
  • Celebración da proba: 20 de abril

 

Quen poderá participar?

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que NON CUMPRAN OS REQUISITOS ACADÉMICOS esixidos para acceder a eles e teñan DEZANOVE ANOS ou os fagan no ano de realización da proba. 

Os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior son os seguintes: 

Título de bacharel establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. 

Segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental regulado pola Orde ministerial do 21-10-1986. 

Título de bacharelato unificado e polivalente establecido na Lei orgánica 14/1970. 

Título de técnico superior, de técnico especialista ou equivalente para os efectos académicos. 

Título de técnico de formación profesional. (Título Ciclo Grao Medio)

Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos. 

 

Para calquera dúbida ou necesidade de asesoramento pódense dirixir ao Departamento de Orientación deste Instituto.

+ INFO: DESCARGA O TRÍPTICO INFORMATIVO

 

 

Acreditación de Competencias.

Abriuse o prazo para presentar solicitudes para aquelas persoas que queiran ACREDITAR COMPETENCIAS.

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017.

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion.

Para calquera tipo de información ou asesoramento poden pasarse polo Departamento de Orientación do IES Lois Peña Novo.

 

+ Info: Pincha aquí

Dectogas, o noso proxecto en Miniempresas Lugo

Este curso participamos no proxecto Miniempresas Lugo cunha das trece iniciativas emprendedoras seleccionadas de toda a provincia (de nove centros escolares diferentes). Dectogas, de segundo do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, é o noso proxecto de miniempresa, e para desenvolvelo contarase con formación específica para profesorado e alumnado ata o mes de maio, e en xuño participaremos nunha feira na que se exporán tódolos proxectos. Tedes máis información na nova que saíu hoxe no xornal El Progreso e que achegamos en imaxe.

 

 

Programa Atrévete

O noso IES participa no programa Atrévete, incluído en eduemprende, polo que nenos e nenas de primaria e de secundaria visitan centros con formación profesional e empresas. A finalidade é fomentar o emprendemento entre a rapazada e facelos coñecedores do tecido empresarial das súas comarcas a través da colaboración coas asociacións de empresarios. O Lois Peña Novo é un dos dous únicos centros da provincia que participan (o outro é o CIFP Politécnico de Lugo) e, en colaboración coa Asociación de Empresarios Sete Pontes (Vilalba), escolares de Vilalba (do Mato Vizoso e do Insua Bermúdez), da Pastoriza, de Cospeito e doutros lugares xa viñeron ou han vir coñecer as ensinanzas e espazos do noso IES e algunhas empresas de Vilalba como Prestes e Xorsa.

 

A noticia no Progreso online.

Aberta a matrícula para a ESA IV

Se só che falta 4º ou algunha das súas materias pra rematar a ESO, podes facelo no noso IES nun só cuadrimestre na ESA.

Clases do 6 de febreiro ó 23 de xuño, de 18 a 22h de luns a xoves.

PRAZO ABERTO DE MATRÍCULA ATA O 16 DE XANEIRO!

Máis info no teléfono 982.870.860 ou na secretaría do centro.

O noso alumnado de prácticas en Alemaña

Hoxe empezamos unha nova etapa no Lois Peña Novo, custou o seu, pero grazas ó esforzo, a moitas chamadas, xestións e correos logramos abrir unha porta ao mundo. Once rapaces de toda Galiza marcharon estes días de atrás facer prácticas como titulados medios por Europa adiante, e dous son de Vilalba. Pablo e Ángel, técnicos de grao medio en Electromecánica de Vehículos Automóbiles, comezaron hoxe a traballar nos talleres de dous concesionarios en Alemaña. Agardamos que aproveiten a experiencia e que gocen dela, e que nos sigan facendo chegar imaxes e información da súa estancia.

Desde aquí mandámoslles unha aperta e moita forza!

Gañadora do concurso de postais do EDL

Publicamos a tarxeta de Nadal que resultou gañadora do concurso convocado polo EDL do noso IES, da autoría de Fina Paulos Lareo,

nunha montaxe fotográfica coa tarxeta, que está feita e decorada a man polas dúas caras en cartolina e outros materiais.

Di a postal:

"Se o meu sorriso che serve de adorno en Nadal

conta con el

se a miña man che é de axuda

aquí tes as dúas,

se o meu corazón che trae felicidade

é todo teu.

Feliz Aninovo!!!".

 

Sumámonos ós bos desexos para estas festas e o novo ano, e a nosa noraboa á gañadora!

 

Repunte dos Ciclos Formativos no IES Lois Peña Novo neste curso 2016-17

Reportaxe de Xosé María Palacios na Voz de Galicia do día 24 de novembro sobre o repunte dos Ciclos Formativos no IES Lois Peña Novo neste curso 2016-17.

Agradecidos polo seguimento!

 

Guardar

Distribuir contido