Gañadora do concurso de postais do EDL

Publicamos a tarxeta de Nadal que resultou gañadora do concurso convocado polo EDL do noso IES, da autoría de Fina Paulos Lareo,

nunha montaxe fotográfica coa tarxeta, que está feita e decorada a man polas dúas caras en cartolina e outros materiais.

Di a postal:

"Se o meu sorriso che serve de adorno en Nadal

conta con el

se a miña man che é de axuda

aquí tes as dúas,

se o meu corazón che trae felicidade

é todo teu.

Feliz Aninovo!!!".

 

Sumámonos ós bos desexos para estas festas e o novo ano, e a nosa noraboa á gañadora!

 

Repunte dos Ciclos Formativos no IES Lois Peña Novo neste curso 2016-17

Reportaxe de Xosé María Palacios na Voz de Galicia do día 24 de novembro sobre o repunte dos Ciclos Formativos no IES Lois Peña Novo neste curso 2016-17.

Agradecidos polo seguimento!

 

Guardar

Magosto

 

Chegou o outono e, nunha semaniña, faremos o magosto no Lois, con castañas asadas no noso patio, conversas, xogos populares e concurso de doces de outono. Vaite preparando e, xa sabes, colabora traendo castañas e deixándoas estes días nas caixas que has atopar na entrada do centro.

Estuda o bacharelato no IES Lois Peña Novo

Seguro que escoitaches falar da reválida pra ter o título de Bacharelato. O que se cadra non sabes é que neste curso 2016-2017 a reválida non será vinculante pra ter o título, co cal se aprobas todo o bacharelato obterás o teu título de bacharel. Aproveita este curso e remata o que tes empezado!

Ven rematar o bacharelato ó IES Lois Peña Novo!

E se inda non o empezaches, ven igualmente!

Guardar

Ven ó IES Lois Peña Novo

Estamos de volta! Non perdas a oprtunidade de rematar, ampliar ou completar os teus estudos.

Ven ó IES Lois Peña Novo!

Liberadas as prazas de ciclos formativos. Matricúlate!

Inda estás a tempo de matricularte para completar ou ampliar o teu currículo e perfil laboral. Ven ó IES Lois Peña Novo, inda temos prazas en tódolos ciclos formativos e as prazas están liberadas, serán para quen antes chegue! Límite mañá 29 de xullo ás 13h (e logo haberá outro prazo en setembro).
CICLOS MEDIOS
    Electromecánica de Vehículos Automóbiles
    Instalacións Eléctricas e Automáticas
    Xestión Administrativa
CICLOS SUPERIORES
    Administración e Finanzas
    Administración de Sistemas Informáticos en Rede

A matrícula na ESA, Bacharelato de Adultos e FP Básica será en setembro, pero podes vir xa informarte e/ou reservar.

 

Guardar

IN MEMORIAM AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

"Todas as historias se tecen cos fíos da vida" e na historia moit@s rapaces e "rapazas", lectores e lectoras galeg@s (e non só) hai e haberá fíos tecidos por Agustín Fernández Paz.

Cando "a néboa escura" e o "aire negro" se acheguen na "noite de voraces sombras" o Agustín poñeranos "unha lúa na fiestra" mentras nos conta ó noso carón "contos por palabras". As "cartas de inverno" chegarán coma o "soño do merlo branco" cun "tren cargado de misterios" pra alegrarnos o corazón.

Porque non temos "o corazón de pedra" e cremos nos "fantasmas de luz" sabemos que existen as "amizades secretas" que habitan nos andeis das nosas casas e bibliotecas. E "lonxe do mar", no "centro do laberinto" de cada un de nós, "os gardiáns do bosque" e "as fadas verdes" afastarannos d"as fronteiras do medo".

"Non hai noite tan longa" que impida chegar á "praia da esperanza". E "desde unha estrela distante" o noso Agustín virá "cos pés no aire" sentado nunh"a nube de cores". Nin "as fantasmas do corredor" nin "os corredores de sombras" borrarán "o rastro que deixamos" e saberemos por sempre, como se fose un mantra ou o lema esculpido na nosa tumba, que "o único que queda é amor"; amor sen dúbida e sen tregua pola lingua, a cultura, os libros e a imaxinación o que nos deixa Agustín Fernández Paz.

A biblioteca e todo o IES Lois Peña Novo de Vilalba no seu recordo e agradecemento.

Nota: todo o texto entre comiñas son frases e/ou títulos de Agustín Fernández Paz. As imaxes coas que ilustramos este recordo son do neno Agustín estudando e de romaría na súa Vilalba natal ademais dun retrato máis recente, todas recollidas na súa páxina web oficial.

Resolución estadías do Erasmus +

Xa está resolto o proceso de selección de canditados para a mobilidade KA-102 de recén titulados, dentro do Programa Erasmus+.

Quedan admitidos Pablo Blanco Díaz e Ángel Vázquez Domínguez. Pódese ver a resolución completa no arquivo adxunto.

 

Guardar

Guardar

Distribuir contido