BIBLIOTECA

Mulleres Científicas

¡Se che apetece participar no concurso, cubre o cuestionario, entrégao na biblioteca e... gaña suculentos e educativos premios!
Enlace o cuestionario aquí

Premios do certame literario convocado polo ENDL

1º premio - Na Pasantía (XANA) gañador dunha WII
3º premio - Aprendendo a pensar (ALIENA) gañador dun MP4

1ª Avaliación ESA II e IV

ESA II --> xoves, 16 de  abril ás 17:00 h.

ESA IV --> xoves, 16 de abril ás 17:15 h.

Actividades para o venres, 3 de abril de 2009

Diúrno:

  • Clases ata as 11:15h
  • Entrega de notas ás 11:15h
  • Actividades deportivas ás 12:00h no pavillón de deportes .
  • Proxección dunha película na biblioteca do centro ás 12:00h

Nocturno:

  • Clases ata as 19:40h
  • Entrega de notas ás 19:40h
  • Proxección dunha película na biblioteca do centro ás 20:00h

Portas asignadas en función dos apelidos nas probas de acceso a grao superior

Podedes consultar as portas de acceso segundo o voso apelido, para a celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior que terán lugar en Silleda o 3 de abril. Para a consulta preme aquí.

VILAWIKI Vilalba

Os alumnos de latín do IES Lois Peña Novo dispoñedes dun novo recurso do departamento de Clásicas:

Vilawiki

Lugar celebración probas acceso grao superior

Este ano hai importantes novidades respecto ao lugar onde se celebrarán
as probas de acceso a ciclos de grao superior. Será nun lugar común
para todos/as os aspirantes, concretamente o RECINTO FEIRAL DE SILLEDA
na provincia de PONTEVEDRA. Podes consultar mais detalles respecto a
esta cuestión (horarios, documentación...) premendo aqui.

Aberto prazo de inscrición de Bacharelato para o curso 2009/2010

Dende o 01/03/2009 ata o 31/03/2009 permanecerá aberto o prazo para a inscrición de Bacharelato no curso 2009/2010.

Os interesados deberán aportar copia do DNI e cubrir o formulario que se facilitará en Secretaría ou Conserxería.

Bacharelatos:

  • Humanidades e Ciencias Sociais
  • Ciencias e Tecnoloxía

Inscrición proba acceso grao medio

Desde o 2 ao 13 de marzo está aberto o prazo de inscrición para a realización da proba de acceso a grao medio. As persoas interesadas deben pasarse nestas datas a inscribirse no IES LOIS PEÑA NOVO ou en calquera centro que imparta ensinanzas de formación profesional.

Exencións parte específica probas a grao superior

Xa se publicou o listado definitivo coas persoas que están exentas de realizar a parte específica da proba de acceso a grao superior. Se queres consultar esta listaxe preme aquí

Distribuir contido