OFERTA DE PRAZAS NO CURSO DE FORMACION OCUPACIONAL "MANTEMENTO DO MOTOR E OS SEUS SISTEMAS AUXILIARES"

 Se tes a ESO inscríbete no curso de "Mantemento de motores e os seus sistemas auxiliares", aínda quedan prazas libres, e logo poderías continualos estudos cursando o Ciclo Medio e validar algúns módulos.
Anímate formándote nunha profesión que seguro que che gusta, só tes que pasarte polo IES Lois Peña Novo ou chamarnos ao teléfono 982 870 860, empezamos xa!!  
Esperámoste!
 

Marcapáxinas pola solidaridade

O IES Lois Peña Novo participa con algo máis de 35 alumnos, coma Centro Solidario na X Edición do "Marcapáginas por la solidaridad" que leva a cabo Save the Children.

O noso instituto inscribiuse nesta iniciativa que se fará para conmemorar o Día do Libro e que permite coñecer de cerca a realidade doutros nenos e nenas que viven situación de inxustiza. Nesta edición a recaudación dos fondos conseguidos polos diferentes centros participantes nesta actividade serán destinados aos programas de supervivencia dos nenos e nenas menores de 5 anos no país máis xoven do mundo e tamén o máis vulnerábel: Sudán do Sur.

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Convocaronse as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos

 

+info:

PRESENTACIÓN DA ESA IV

 

       A presentación da ESA IV terá lugar o luns día 5 de febreiro de 2018 ás 19 horas na aula 3, aula de referencia da ESA.

 

 

ESA III. Entrega de notas.

         A avaliación ordinaria da ESA III será o venres día 2 de febreiro. A entrega de notas faráse o luns, día 5 de febreiro de 2018, ás 18 horas na aula 3, aula  de referencia da ESA.

      A continuación, os alumnos que queiran seguir estudos da ESA IV, terán que pasar pola secretaría do Instituto para cumplimentar os datos pertinentes.

 

 

DATAS DAS PROBAS FINAIS DA ESA III

 

ÁMBITO

 

DÍA

HORA

Científico- matemático

30 de xaneiro

martes

20:30 horas

Social

1 de febreiro

xoves

18:00 horas

Comunicación (Inglés)

1 de febreiro

xoves

19:45 horas

Comunicación (Lingua galega e lingua castelá)

1 de febreiro

xoves

20:30 horas

 

 

FELIZ NADAL!!!!

Dende o Lois queremos felicitar estas Festas Navideñas empregando a postal que resultou gañadora no concurso de postais

 

Bo Nadal e Feliz Aninovo!!!!

Presentación da Guía de Asociacións que traballan no ámbito da Discapacidade da provincia de Lugo

O pasado xoves 30 de Novembro, os profesores Pedro Rial e Elisa Alonso, xunto coas alumnas de 1º curso do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, presentaron unha Guía onde figuran Asociacións que traballan no ámbito da Discapacidade da provincia de Lugo.

A Guía podes vela na súa totalidade facendo clic na imaxe inferior

 

Presentacións curso 2017-2018

O próximo venres comezan as presentacións do curso 2017-2018.

Benvid@s un ano máis ó Lois Peña Novo!

 

Distribuir contido