Fotos das experiencias Erasmus do alumnado

ALUMNADO DO CURSO 2017-2018

Marcos Villares Vázquez, alumno do 2º curso do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, está a facer as prácticas do módulo de Formación en Centro de Traballo (FCT) nunha empresa da localidade de Fermo, en Italia, preto do Mar Adriático.

É o primeiro estudante de Ciclo Medio do IES Lois Peña Novo que fai a FCT a través dunha bolsa Erasmus. O Instituto forma parte do Consorcio da Xunta de Galicia e a través deste participa no proxecto Next Station: Improving Professional Skills in Galicia (2016-2018).

 

         

 

        

 

Hugo Alvariño Rodríguez, alumno do 2º curso do Ciclo de FP Básica de Mantemento de vehículos. Fai as prácticas do módulo de Formación en Centro de Traballo (FCT) nunha empresa da localidade de Barcelos, en Portugal.

É o primeiro estudante da FP Básica do IES Lois Peña Novo que fai a FCT a través dunha bolsa Erasmus tamén dentro do proxecto Next Station: Improving Professional Skills in Galicia (2016-2018).

Hugo é o do medio na fila superior, con outros compañeir@s de experiencia      

(Hugo é o rapaz do medio da fila superior, xunta outros compañeir@s de experiencia)

 

 ALUMNADO DO CURSO 2016-2017

Hoxe empezamos unha nova etapa no Lois Peña Novo, custou o seu, pero grazas ó esforzo, a moitas chamadas, xestións e correos logramos abrir unha porta ao mundo. Once rapaces de toda Galiza marcharon estes días de atrás facer prácticas (dende xaneiro a xuño de 2017)  como titulados medios por Europa adiante, e dous son de Vilalba. Pablo e Ángel, técnicos de grao medio en Electromecánica de Vehículos Automóbiles, comezaron hoxe a traballar nos talleres de dous concesionarios en Alemaña, concretamente en Cuxhaven.

Agardamos que aproveiten a experiencia e que gocen dela, e que nos sigan facendo chegar imaxes e información da súa estancia.

Desde aquí mandámoslles unha aperta e moita forza!