PRAZAS LIBRES NO CURSO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL "SISTEMAS MICROINFORMATICOS"

                

 

Últimas prazas libres para o curso de Formación Ocupacional "Sistemas Microinformáticos".  Este curso dá a posibilidade de solicitala validación de varios módulos profesionais do CM de Sistemas Microinformáticos e redes.

A realización do curso permitirá traballar en pequenas empresas que comercializan e/ou reparan equipos informáticos e software así coma no departamento de microinformática de empresas que usan sistemas microinformáticos para a súa xestión..

Os postos de traballo aos que nos permitiría acceder serían:

  • Técnico en sistemas microinformáticos
  • Instalador de equipos microinformáticos
  • Reparador de microordenadores
  • Comercial de microinformática
  • Persoal de soporte técnico
  • operador de Teleasistencia

Se te queres anotar pásate polo Instituto Lois Peña Novo (Vilalba) ou chámanos ao teléfono 982. 870.860

Non perdas esta oportunidade de cambialo teu futuro!!