XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro xoves 6 de abril imos celebrar unha xornada de portas abertas no IES Lois Peña Novo. Desde as 8:45 ás 22h o centro estará aberto para calquera persoa que queira visitalo e coñecer as nosas instalacións e equipamentos, facéndose ademais exhibición dalgunhas actividades significativas, como o funcionamento dun airbag, unha instalación domótica, dunha impresora 3D ou un dron.

No IES Lois Peña Novo impártense ensinanzas de ciclos formativos de grao medio e superior, Formación Profesional Básica e educación secundaria e bacharelato para adultos. Os Ciclos son das familias profesionais de Administración e Finanzas, Automoción, Electricidade e Informática, e en todos destacan con actividades novidosas e proxectos premiados e acollidos en distintos programas como o AtréveteMiniempresasVoluntariado enerxético de EndesaErasmus+ de prácticas no extranxeiro... achegando innovación nos distintos campos: vehículos híbridos e motor de hidróxeno, domótica, paneis solares, robótica, drons e impresión 3D, Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, multitude de actividades culturais e de formación integral do alumnado...