PROGRAMA VOLUNTARIOS ENDESA. ENERXÍA PARA O FUTURO, NO IES LOIS PEÑA NOVO

O proxecto PROGRAMA VOLUNTARIOS ENDESA. ENERXÍA PARA O FUTURO consiste nunha invitación por parte da Endesa para colaborar activamente cos centros educativos da zona (neste caso o IES Lois Peña Novo, Vilalba, e o IES Castro da UZ, As Pontes), para achegar o mundo laboral (a realidade na empresa e os propios traballadores) ó mundo educativo (alumnado de ciclos formativos).
Dentro do proxecto realizamos distintos tipo de actividades como son as charlas do mércores 22 de marzo: "Seguridade, organización e mantemento", con Francisco José Cal García, responsable do servizo de mantemento da central de As Pontes, e Daniel Pérez Santos, responsable do servizo de prevención da central de As Pontes. E as charlas de hoxe 29 de marzo, "Motivación e mantemento nas centrais térmicas" cos ponentes Benigno Durán Novo, responsable de recursos humanos Endesa, e José Antonio Velo Fernández, responsable de mantemento Endesa. A estas charlas acudiu o alumnado do Ciclo medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles e do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, cuxo departamento, o de Electricidade, xestiona este programa no noso IES.