GAITAFILMES IMPARTE UN OBRADOIRO NO IES LOIS PEÑA NOVO

A semana pasada acudiron ao noso instituto dous membros da produtora meirense Gaitafilmes para impartir, durante dúas mañás, un Obradoiro sobre Xestión de Arquivos Audiovisuais.

Os membros que nos visitaron da dita empresa de produción foron Andrés González, máis coñecido como Andrés Goteira, director e creativo da mesma, e Suso López, produtor executivo.

O obradoiro, dirixido ao alumnado de 1º curso do ciclo medio de Xestión Administrativa e 1º do ciclo superior de Administración e Finanzas, foi eminentemente práctico, resultando de gran interese para os asistentes, polo que se prevé repetir en vindeiras ocasións.

Gaitafilmes vén de rematar a súa primeira longametraxe, DHOGS, unha película de financiación colectiva, dirixida por Goteira e protagonizada por grandes da pantalla galega coma Morris, Miguel de Lira, Carlos Blanco, Melania Cruz…