Suspensión total de transporte escolar 22 e 23 de marzo

Ampliando a decisión da Consellería de suspender o transporte escolar desde hoxe ás 12 ata mañá ás 12, o IES Basanta Silva decidiu suspender totalmente o servizo tanto hoxe como mañá, polo que non haberá transporte escolar tampouco para o IES Lois Peña Novo, que usa o mesmo servizo. En función  de como vaia transcorrendo o día, avisaremos de se se suspenden as actividades lectivas, que de momento se desenvolven con normalidade.