Alerta AMARELA E LARANXA por nevadas os días 22 e 23 de marzo en Galicia

 

Dada a previsión metereolóxica, mañá mércores día 22 non haberá transporte escolar desde as 12:00 (afecta á saída dos centros) e o xoves 23 non haberá transporte ata as 12:00 (afecta á chegada ós centros educativos).

En principio as actividades lectivas desenvolveranse con normalidade agás as actividades no exterior dos centros.

En caso de complicacións a maiores, a dirección do centro poderá tomar decisións no tocante á suspensión das actividades lectivas, extremo que será comunicado a través desta web e do facebook do IES.

 

Citamos da web da Consellería de Educación e O.U.

"A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS para os días 22 e 23 de marzo de 2017, que afectarán a tódalas provincias de Galicia

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.
  2. A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta AMARELA a partir das 00:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 15 cm de espesor, que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e da Montaña de Ourense; e entre as 9:00 horas do día 22 e as 9:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve superiores aos 2 cm po riba dos 500m na zona de predición meteorolóxica de Valdeorras.
  3. A SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolares situados nas zonas de predición meteorolóxica indicadas anteriormente (puntos 1 e 2), con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (amarelo/laranxa) e pasase a unha declaración de nivel superior (laranxa/vermello), as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)"

 

A información na web da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21563

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar